Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Xoves, 24 de xaneiro de 2013 Páx. 2126

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública por apertura de carpintaría para madeira no parque empresarial de Negreira.

Antonio García Parga solicitou desta alcaldía licenza municipal para un taller de carpintaría para a madeira que se situará na parcela nº 7 do parque empresarial de Negreira, cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Negreira, 20 de decembro de 2012

José Blanco Pazos
Alcalde