Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre extracto de convocatoria de cuatro prazas de oficial de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense números 239, do 18 de outubro de 2005, 59, do 14 de marzo de 2011 e 23 do 28 de xaneiro de 2013, publícanse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria para prover 4 prazas de oficial de policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, grupo C, subgrupo C1, 3 mediante o sistema de concurso oposición por promoción interna e 1 por mobilidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 31 de xaneiro de 2013

Carmen Rodríguez Dacosta
Delegada de Recursos Humanos