Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Martes, 19 de febreiro de 2013 Páx. 4827

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública sobre extracto de convocatoria dunha praza de inspector de policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense números 239, do 18 de outubro de 2005, 59, do 14 de marzo de 2011 e 29 do 4 de febreiro de 2013, publícanse integramente as bases xerais e específicas que han de rexer a convocatoria para prover 1 praza de inspector de policía local, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso oposición por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 4 de febreiro de 2013

Carmen Rodríguez Dacosta
Delegada de Recursos Humanos