Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Xoves, 7 de marzo de 2013 Páx. 6817

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai a realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Denominación do curso

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos Biocidas. Nivel básico.

Segunda. Entidade organizadora

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Terceira. Data

Os días 1, 8, 15, 22 e 29 de abril de 2013.

Cuarta. Lugar de celebración

Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.

Avda. Ramiro Carregal Rey, parcela 48.

15969 Ribeira.

A Coruña.

Quinta. Número de prazas

Máximo 25 alumnos.

Sexta.

Dirixido a todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

Sétima. Criterios de selección

Por rigorosa orde de recepción de inscricións

Oitava. Presentación de solicitudes

Solicitude segundo o modelo do anexo

Novena. Programa

Día 1.4.2013

9.30-13.40 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas.

Día 8.4.2013

9.30-13.40 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Día 15.4.2013

9.30-13.40 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Día 22.4.2013

9.30-13.40 h

Xeralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 29.4.2013

9.30-13.40 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Test de avaliación.

Décima. Certificado de superación do curso

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 1, 8, 15, 22 e 29 de abril de 2013.

Lugar de realización do curso:

Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.

Avda. Ramiro Carregal Rey, parcela 48.

15969 Ribeira.

A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.30 ás 13.40 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Tel.: 981 24 54 18; Fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa: ...............................................................................................................................

CIF: .......................................................................................................................................

Enderezo: ..............................................................................................................................

Localidade: ............................................................................................................................

Telf.: ................................................................................. Fax: .............................................

Correo electrónico: ................................................................................................................

Apelidos: ...............................................................................................................................

Nome: ....................................................................................................................................

NIF: ........................................................................................................................................