Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8449

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Estatística no terceiro cuadrimestre de 2012.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2012, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2013

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a optimización das operacións estatísticas no ámbito da sociedade da información: fogares e empresas.

9.10.2012

0 €