Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9491

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1707/2010).

Secretaría: Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 1707/10 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 786/2007 do Xulgado do Social número 2 da Coruña promovidos por Antonio Díaz Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Francisco Loureda Manteiga, o Sergas, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Antonio Díaz Rodríguez contra a sentenza do 28.1.2010 ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña no procedemento nº 786-2007, sobre determinación de continxencia, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza obxecto de recurso».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francisco Loureda Manteiga, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial