Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9608

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 15 ao 17 de abril de 2013.

4. Lugar de celebración:

Centro de Negocios Brigantia.

Rúa Juan Flórez, nº 8, 1º andar, 15004 A Coruña.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo I.

9. Programa:

Día 15.4.2013

10.00-11.00 h

Introdución. Lexislación.

11.00-13.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

13.00-14.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

16.00-17.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

17.30-19.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 16.4.2013

10.00-11.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

11.00-12.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

12.30-14.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

16.00-17.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

17.00-19.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 17.4.2013

10.00-11.30 h

Métodos de loita antivectorial.

11.30-12.30 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

12.30-14.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

16.00-17.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

17.00-18.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

18.00-19.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 15 ao 17 de abril de 2013.

Lugar de realización do curso: Centro de Negocios Brigantia. Rúa Juan Flórez, nº 8, 1º andar, 15004 A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: de 10.00-14.00 h e de 16.00-19.00 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 8 de abril de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELEFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: