Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10297

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, dun posto vacante de supervisor/a da Unidade de Puerperio do Hospital Materno-Infantil A Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG núm. 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG núm. 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento regulamentario, o posto de supervisor/a da Unidade de Puerperio do Hospital Materno-Infantil A Coruña.

As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Hospital A Coruña e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro Xeral do Hospital A Coruña, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

A Coruña, 13 de marzo de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña