Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10298

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2137/2010 MDM).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2137/2010 MDM.

Materia: xubilación.

Recorrente: Eugenio Rodríguez Facal.

Recorridos: Instituto Social da Mariña, José Santiago Rodríguez Baz, Pesquera Rosentes, C.B., Pesquerías Mapa, S.L., Pesqueras Arias, S.A., Hermanos Barcón, C.B., Ormalomar, S.L., Pescafisheries, ltd.-Promargal, S.L., José Fernández González

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña. Demanda 402/2007.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que nas actuacións do recurso de suplicación a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 402/2007 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidas por Eugenio Rodríguez Facal contra o Instituto Social da Mariña, José Santiago Rodríguez Baz, Pesquera Rosentes, C.B., Pesquerías Mapa, S.L., Pesqueras Arias, S.A., Hermanos Barcón, C.B., Ormalomar, S.L., Pescafisheries, ltd.-Promargal, S.L., José Fernández González, sobre xubilación, con data do 31 de xullo de 2009 ditouse a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Eugenio Facal Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, de data 31 de xullo de 2009, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás entidades Pesqueras Arias, S.A., Hermanos Barcón, C.B., Ormalomar, S.L., Pescafisheries, ltd.-Promargal, S.L. e José Fernández González, con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial