Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11229

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Ganadería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data: os días 2, 13 e 27 de maio de 2013 e o 10 e 25 de xuño de 2013.

4. Lugar de celebración: Instalacións Frinsa do Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Dia 2.5.2013

9.30-13.40 h.

Biocidas. Historia. Descrición e xeralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas de biocidas.

Dia 13.5.2013

9.30-13.40 h.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

Dia 27.5.2013

9.30-13.40 h.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Dia 10.6.2013

9.30-13.40 h.

Xeralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Dia 25.6.2013

9.30-13.40 h.

Xeralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 2, 13 e 27 de maio de 2013 e o 10 e 25 de xuño de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións Frinsa do Noroeste, S.A.

Avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.30 ás 13.40 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18. Fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa: ................................................................................................................

CIF: .........................................................................................................................

Enderezo: ...............................................................................................................

Localidade: .............................................................................................................

Telf:...........................................................Fax:........................................................

Correo electrónico: .................................................................................................

Apelidos: .................................................................................................................

Nome: .....................................................................................................................

NIF: .........................................................................................................................