Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Luns, 15 de abril de 2013 Páx. 11226

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Datas: os días 2, 13 e 27 de maio e o 10 e 25 de xuño de 2013.

4. Lugar de realización: Instalacións de Frinsa do Noroeste, S.A., avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 2.5.2013

16.00-20.10 h

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Residuos de biocidas e contaminación. Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Día 13.5.2013

16.00-20.10 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Métodos de loita.

Día 27.5.2013

16.00-20.10 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública. Pragas de roedores, pragas de aves. Métodos de loita.

Día 10.6.2013

16.00-20.10 h

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación. Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación. Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 25.6.2013

16.00-20.10 h

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas. Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade. Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Unha vez rematado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que lle poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 2, 13 e 27 de maio e o 10 e 25 de xuño de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións de Frinsa do Noroeste, S.A.

Avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48, 15969 Ribeira (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 as 20.10 h.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, unha fotografía tamaño carné e o xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24  54 18. Fax: 981 16 81 59, correo electrónico: biocontrol@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa: .............................................................................................................

CIF: ......................................................................................................................

Enderezo: ............................................................................................................

Localidade: ..........................................................................................................

Telf.: ....................................................Fax: .........................................................

Correo electrónico: ..............................................................................................

Apelidos: ..............................................................................................................

Nome: ..................................................................................................................

NIF: ......................................................................................................................