Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12384

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publica a adxudicación dun posto de traballo reservado a funcionarios con habilitación de carácter estatal polo sistema de libre designación.

De conformidade co disposto no artigo 37 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 15.1º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias, esta dirección xeral

DISPÓN:

Dar publicidade á resolución do presidente da Deputación Provincial de Lugo, do 7 de febreiro de 2013, que resolve a convocatoria do posto de secretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo polo sistema de libre designación, que declara deserta a convocatoria.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 22.9.2011, DOG nº 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local