Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14707

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 29 de abril de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para as entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario.

A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da superior dirección e desenvolvemento das funcións e competencias en materia de sanidade de conformidade co establecido no Estatuto de autonomía de Galicia e na Constitución española, segundo o Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade.

Adscrito á Consellería de Sanidade, baixo a súa dirección, vixilancia e tutela, configúrase o Servizo Galego de Saúde, creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, como organismo autónomo de carácter administrativo dotado de personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins. A súa estrutura orgánica regúlase actualmente no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, e os seus fins e funcións no capítulo I do título VI da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 53 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, a atención sociosanitaria configúrana o conxunto de coidados sanitarios e aqueloutros que lle correspondan dentro do sistema de servizos sociais establecido na súa normativa específica, destinados aos/ás pacientes xeralmente crónicos/as que polas súas especiais características se poden beneficiar da atención simultánea e sinérxica dos servizos sanitarios e sociais para aumentar a súa autonomía, paliar as súas limitacións ou sufrimentos e facilitar a súa reinserción social.

Así mesmo, a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, no seu artigo 136 establece que a atención sociosanitaria deberá cubrir as necesidades das persoas baixo criterios de igualdade, equidade, accesibilidade, universalidade e complementariedade na acción das diferentes administracións. Do mesmo xeito, o nomeado artigo encomenda á Consellería de Sanidade o fomento de actuacións integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidade, discapacidade ou outras en que a cooperación entre o sistema sanitario e o sistema de servizos sociais comporte vantaxes sociais e asistenciais.

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, ocúpanse da programación, coordinación e xestión de accións e medidas dirixidas a sectores con especiais necesidades sociosanitarias.

Do mesmo xeito, esta Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria é o órgano encargado de asesorar, coordinar e supervisar as directrices e accións de carácter sociosanitario que se desenvolvan no ámbito da Comunidade Autónoma. Entre outros, ten o obxectivo xeral de colaborar e cooperar con institucións públicas e privadas, entre elas, as entidades sen ánimo de lucro, na xestión de programas de carácter sociosanitario.

O Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia, recolle a posibilidade de establecer programas específicos para o tratamento de situacións que presenten unha alta incidencia no territorio ou unha gran relevancia sociosanitaria, como é o caso do alcoholismo.

O Plan de trastornos adictivos de Galicia 2011-2016 define entre os seus obxectivos o de mellorar a cobertura asistencial das adiccións, entre elas o alcoholismo, e recolle nas súas liñas de actuación a oferta de tratamentos adaptados ás necesidades de cada persoa.

Tendo en conta estas premisas e a importancia actual do tecido asociativo galego no desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario, considérase de interese prioritario o establecemento dunha liña de axudas orientadas a apoiar o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario destinados a colectivos de persoas afectadas por alcoholismo, así como persoas dependentes e afectadas por dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria, e que necesiten coidados e actividades de rehabilitación e apoio para o mantemento da súa autonomía dentro da comunidade.

Por todo o exposto, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Lei 4/2006, do 13 de xullo, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega; en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, polo Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e polo Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, para a debida aplicación dos créditos orzamentarios aos fins para os que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario. Os ditos programas están destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo, alcoholismo e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.

A súa finalidade é aumentar a autonomía, paliar as posibles limitacións e favorecer a rehabilitación e integración das persoas que compoñen os ditos colectivos.

Artigo 2. Requisitos dos beneficiarios

1. Para seren beneficiarias das axudas publicadas nesta orde as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios principais sexan a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo a que se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os cales se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria.

Para estes efectos, considerarase enfermidade rara aquela que ten unha prevalencia menor de 5 casos por cada 10.000 habitantes na nosa comunidade autónoma.

b) Estar legalmente constituídas, polo menos con dous anos de anterioridade con respecto á data de publicación desta convocatoria, coa excepción das federacións recentemente constituídas que estean integradas maioritariamente por asociacións cunha antigüidade superior aos dous anos. Así mesmo, deberán estar inscritas no rexistro administrativo correspondente.

c) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, entendéndose como tal a presenza física e o domicilio social nela, e comprometerse, así mesmo, a desenvolver as actividades subvencionadas dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega.

d) Ter un horario mínimo de atención ao público de 20 horas semanais, destinadas a dar información e prestar axuda dun xeito prioritario aos colectivos afectados.

e) Dispoñer de estrutura técnica e capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos no programa presentado, así como experiencia operativa na súa implementación.

No desenvolvemento do programa participarán os/as técnicos/as e o persoal adecuado necesarios, e a dirección, coordinación e supervisión deberá levala a cabo un/unha técnico/a coa titulación universitaria axeitada para o desenvolvemento das actividades previstas, que será o seu responsable.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Todos os requisitos se deberán acreditar na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manter durante todo o período de execución do programa subvencionado.

Artigo 3. Actividades e gastos subvencionables

1. As actividades subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de axuda:

Liña A. Orientada a desenvolver programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo e/ou ao alcoholismo e outras adiccións sen substancia:

– Programas sociosanitarios de apoio á abstinencia en persoas non sometidas a tratamento ambulatorio.

– Programas sociosanitarios de prevención de recaídas dirixidos a pacientes que se atopen en tratamento ambulatorio.

Liña B. Orientada a desenvolver programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades complementarias no proceso de atención e rehabilitación de persoas afectadas por dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista e trastornos da conduta alimentaria:

– Programas de rehabilitación fisioterápica.

– Programas de rehabilitación logopédica.

– Programas de rehabilitación cognitiva.

– Programas de terapia ocupacional.

– Programas de apoio psicolóxico.

2. Enténdese por programa o conxunto de actividades ordenadas e dirixidas a unha poboación definida, empregando os recursos necesarios durante un período determinado e coa finalidade de acadar uns obxectivos concretos.

Para poder ser avaliado o programa deberá estar claramente diferenciado da actividade asistencial diaria que realiza a entidade.

3. As entidades só poderán concorrer a unha liña de axuda, á liña A ou á liña B, solicitando axuda para un único programa.

4. No caso de asociacións integradas en federacións que presenten programas iguais ou semellantes aos da federación, só se terán en conta os presentados por esta última.

5. Os programas obxecto de subvención deberán levarse a cabo ao longo de 2013.

6. Consideraranse gastos subvencionables os destinados a sufragar os gastos correntes e de persoal nos cales dun xeito indubidable concorra a entidade beneficiaria como consecuencia do desenvolvemento do programa subvencionado, e non pola súa actividade asistencial, e se realicen dentro do prazo establecido pola presente convocatoria. Para estes efectos, serán gastos subvencionables os realizados desde a entrada en vigor da orde ata o 31 de outubro de 2013.

Artigo 4. Imputación orzamentaria, réxime de compatibilidades e contía

1. Para as subvencións que se concedan na execución desta orde destínase un crédito inicial de 220.000 € con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, con código de proxecto 201200034, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, e quedan as resolucións no momento da súa concesión condicionadas á existencia de crédito adecuado e suficiente na aplicación orzamentaria sinalada.

Así mesmo, todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto entenderanse condicionados a que no momento de ditarse a resolución de concesión subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos os ditos actos, e someterase o procedemento de aprobación de gasto ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no artigo 24 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O crédito inicial sinalado distribúese para as liñas de axuda recollidas nesta convocatoria da seguinte maneira:

Liña A: 110.000 €.

Liña B: 110.000 €.

2. Se o número de solicitudes obxecto de subvención dentro dunha mesma liña non esgotase o crédito dispoñible para esta, o crédito sobrante poderase destinar preferentemente a programas desa mesma liña segundo a orde de prelación establecida polas puntuacións acadadas. Se aínda así quedase crédito sen asignar, este poderase destinar á outra liña de axuda.

3. As subvencións que reciban as entidades en virtude desta orde son compatibles con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, pero non para o mesmo programa, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

4. O importe da axuda para o programa subvencionado será como máximo de 10.000 euros. De acordo co disposto no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o importe das subvencións outorgadas nesta orde non poderá en ningún caso ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos nacionais ou internacionais, supere o custo das actividades que desenvolverá o beneficiario. En todo caso, a obtención doutras axudas para o programa subvencionado deberá ser comunicada polo beneficiario á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria no momento da súa concesión.

Poderán subvencionarse ata un máximo de 15 programas pertencentes á liña A e 15 programas da liña B, de acordo coa orde de prelación establecida.

5. De acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se poderán outorgar subvencións por contía superior ao importe do crédito recollido no número 1 deste artigo, salvo que se produza o incremento do crédito dispoñible para este fin.

Artigo 5. Solicitudes

1. A solicitude de subvención realizarase segundo o modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde, subscrita pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante e dirixida ao Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, á cal se lle xuntará a seguinte documentación (orixinal ou copia compulsada):

1.1. Documentación obrigatoria que debe achegar a entidade solicitante:

a) Documentación que acredite a representación legal da entidade.

b) Escritura de constitución e estatutos da entidade solicitante e modificacións, de ser o caso, debidamente inscritos no rexistro correspondente, ou en todo caso documentación que acredite que a entidade está inscrita no correspondente rexistro administrativo.

c) Tarxeta de identificación fiscal da entidade solicitante.

d) Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados (anexo III).

e) Declaración de non atoparse incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria que establece o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo III).

f) Declaración de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e/ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente o pagamento de ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, nin ser debedora por resolución de procedencia de reintegro, en conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo III).

Cando os documentos exixidos que se recollen nos puntos 1.1.1.a), 1.1.1.b) e 1.1.1.c) deste artigo xa estivesen en poder da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, sen que houbese modificacións no seu contido e non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda, a entidade solicitante poderá acollerse ao establecido no artigo 4.2.(iii) da Orde do 12 de xaneiro de 2012, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro), sempre que se faga constar esta circunstancia especificando a data en que se presentaron os documentos e o órgano a que os dirixiron.

1.2. Documentación acreditativa da capacidade técnica da entidade solicitante:

a) Balance ou xustificación dos ingresos e gastos da entidade referido ao exercicio económico de 2012.

b) Datos de identificación da entidade, cadro de actividade, cadro de persoal, financiamento da entidade, sistemas e procesos de xestión da calidade (anexo II).

1.3. Documentación acreditativa da calidade técnica do programa que se vai desenvolver (anexo IV), na cal se recolla:

a) Memoria descritiva do programa que se vai desenvolver, na cal conste, como mínimo:

– Denominación.

– Indicación da tipoloxía que corresponda segundo a clasificación recollida no artigo 3.1 desta orde.

– Lugar ou lugares concretos de realización do programa.

– Cronograma (datas concretas de realización e horario previsto).

– Fundamentación teórica e pertinencia do programa.

– Criterios de inclusión.

– Obxectivos: xerais e específicos.

– Metodoloxía.

– Indicadores de proceso e resultado de acordo cos obxectivos definidos.

b) Recursos humanos que a entidade dedicará ao desenvolvemento do programa indicando o nome e apelidos, a titulación académica, o posto de traballo e as funcións que se van desenvolver. Deberase indicar a persoa responsable da supervisión do programa e achegarase o orixinal ou copia compulsada da súa titulación universitaria, de acordo co previsto no artigo 2.1.e) desta orde.

c) Medios materiais para levar a cabo a súa realización.

d) Valoración económica do programa. Orzamento desagregado por conceptos de gasto previstos segundo a tipoloxía de gastos subvencionables: gastos de persoal incluídas as cotizacións á Seguridade Social e gastos correntes tales como alugueiros, subministración de enerxía eléctrica, telefonía e conexión á internet, material de oficina, entre outros.

e) Ámbito territorial de referencia para o desenvolvemento do programa.

f) Lingua en que se desenvolverán as actividades.

2. As solicitudes de subvención presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia de conformidade co Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Para a presentación das solicitudes utilizaranse os anexos que se xuntan nesta orde, os cales estarán dispoñibles no portal web https://sede.xunta.es. A presentación poderá realizarse en sede electrónica a través do dito portal, de conformidade co previsto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e no Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos, así como na Orde do 7 de xullo de 2009 pola que se desenvolve o citado Decreto 255/2008, na Orde do 15 de setembro de 2011 pola que se aproba a posta en funcionamento da sede electrónica da Xunta de Galicia, e na Orde do 12 de xaneiro de 2012 pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, de aplicación á totalidade dos órganos da Administración xeral de Galicia e entes instrumentais.

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4. Calquera cambio que se produza nos datos contidos na documentación que se achegue coa solicitude deberá comunicarse á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, quen poderá pedir do solicitante todos e cantos documentos e aclaracións considere necesarios para completar o expediente.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación das bases reguladoras desta orde de subvencións.

Artigo 6. Procedemento, instrución e comisión de valoración

1. O procedemento de concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

3. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

4. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano instrutor examinará a documentación presentada. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación obrigatoria que debe presentarse conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a entidade para que, nun prazo de 10 días, corrixa a falta, realice as aclaracións ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución que así o declare, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Durante a instrución do procedemento constituirase como órgano colexiado unha comisión de valoración que, de acordo cos criterios establecidos no artigo seguinte, avaliará os programas solicitados e emitirá o correspondente informe coa valoración acadada polos programas presentados. Esta comisión estará integrada polos seguintes membros:

– A persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria ou a persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

– A persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Xestión Sociosanitaria.

– A persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Saúde Mental e Asistencia a Drogodependencias.

– Tres técnicos/as da dita subdirección, asumindo un/unha deles/as a secretaría.

Por proposta do presidente/a do dito órgano poderase solicitar a presenza dun/ dunha representante da Consellería de Traballo e Benestar, cun rango mínimo de xefe/a de servizo, así como de expertos/as externos/as independentes con titulación adecuada e de recoñecido prestixio e experiencia profesional nas materias propias dos programas obxecto de subvención.

Para os efectos do disposto no parágrafo anterior considerarase independente aquela persoa en que non concorra ningunha das circunstancias previstas no artigo 28.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na composición da comisión de valoración procurarase acadar unha composición equilibrada de mulleres e homes.

6. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, unha vez avaliadas as solicitudes e emitido o informe da comisión de valoración, realizará a proposta de resolución.

Artigo 7. Criterios de valoración das solicitudes

Para a valoración dos diferentes puntos deste artigo só se terán en conta os que estean debidamente xustificados.

1. A comisión de valoración, para avaliar as solicitudes, terá en conta os seguintes criterios:

1.1. Valoración da entidade solicitante (0-30 puntos):

a) Grao de implantación da entidade. Valorarase o maior ámbito territorial de implantación da entidade (máximo 7 puntos):

– Federación de ámbito autonómico: 7 puntos.

– Asociación integrada nunha federación: 5 puntos (para acreditalo deberá presentar a certificación correspondente por parte da federación).

– Outro tipo de entidade: 3 puntos.

b) Antigüidade da entidade. Outorgarase 1 punto por cada dous anos transcorridos desde a data de creación da entidade (máximo 5 puntos).

Para os efectos de cómputo tomarase como referencia a data que figure nos estatutos da entidade ou na documentación de constitución correspondente.

c) Experiencia da entidade solicitante na realización de actividades ou programas relacionados coa tipoloxía de axuda a que se presente. Outorgarase 1 punto por cada ano en que a entidade obtivese algunha axuda de organismos públicos. Se no mesmo ano se recibiran varias axudas, só se computará unha delas. Para a súa comprobación deberán presentar copia acreditativa da concesión da subvención ou referencia do diario oficial en que se publicou a dita concesión (máximo 7 puntos).

d) Calidade na xestión da entidade, mediante o desenvolvemento, implantación e mantemento de sistemas de xestión de calidade recoñecidos, debidamente acreditados e actualizados mediante premios ou recoñecementos de calidade (4 puntos).

e) Grao de dedicación da entidade aos colectivos a que se dirixen os programas obxecto de subvención (máximo 7 puntos):

– Asociación ou entidade dedicada exclusivamente á atención en alcoholismo, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria: 7 puntos.

– Asociación ou entidade non dedicada exclusivamente aos ditos colectivos: 3 puntos.

1.2. Valoración dos programas (0-70 puntos):

a) Lugar ou lugares de realización do programa (máximo 5 puntos):

– Un concello: 1 punto.

– De dous a cinco concellos: 3 puntos.

– Máis de cinco concellos: 5 puntos.

b) Utilización da lingua galega no desenvolvemento do programa (5 puntos). Para obter esta puntuación deberá presentarse e desenvolverse o programa en galego.

c) Contido e calidade do programa (máximo 60 puntos): para garantir un mínimo de calidade dos programas, todos eles deberán superar unha puntuación mínima de 30 puntos nesta epígrafe:

1. Descrición do programa en que se terán en conta os/as profesionais dedicados/as ao desenvolvemento deste, lugar de realización, cronograma polo miúdo das datas e do horario previstos (máximo 4 puntos).

2. Fundamentación teórica e pertinencia do programa (máximo 10 puntos).

3. Descrición dos criterios de inclusión no programa (máximo 12 puntos).

4. Obxectivos xerais e específicos definidos para o programa (máximo 12 puntos).

5. Proposta metodolóxica para o desenvolvemento do programa avaliándose os protocolos de traballo previstos para a consecución dos obxectivos e o nivel de detalle da metodoloxía (máximo 12 puntos).

6. Adecuación da proposta de indicadores de proceso e resultado definidos para a avaliación do programa (máximo 10 puntos).

2. As solicitudes serán baremadas ata un máximo de 100 puntos, conforme o procedemento que se recolle neste punto. Avaliaranse inicialmente os criterios correspondentes á capacidade técnica da entidade. A seguir realizarase a valoración individual de cada programa. Esta última puntuación sumarase, por separado, á puntuación obtida pola entidade na fase de valoración da súa capacidade técnica. Como resultado obteranse dúas listaxes ordenadas de maior a menor, unha por cada unha das liñas de axuda previstas, que indicarán a orde de prelación para a asignación dos importes a cada unha das entidades ás cales se lles concederá a subvención, considerando en todo caso os seguintes límites:

– Recibirán subvención, como máximo, os 15 programas da liña A e os 15 programas da liña B mellor puntuados, de acordo coa orde de prelación establecida.

Se dúas ou máis entidades obtivesen unha puntuación igual e por razóns de insuficiencia de crédito dispoñible ou superación do límite máximo do número de axudas recollido no punto anterior non puidesen recibir axuda todas elas, terán preferencia para a obtención da condición de beneficiarias aquelas entidades que obtivesen maior puntuación na valoración do programa (artigo 7.1.2). Se aínda así persistise o empate, terase en conta o maior grao de implantación da entidade (artigo 7.1.1.a).

3. O importe da subvención adxudicada será proporcional á puntuación total obtida tras a valoración dos criterios, asegurando en todo caso un importe mínimo suficiente para garantir o desenvolvemento do programa en condicións de eficacia e calidade.

4. A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria poderá realizar os axustes que considere axeitados sobre calquera dos elementos integrantes do programa, sempre orientados a garantir a súa factibilidade, eficiencia e o respecto aos principios éticos aplicables.

5. Se de conformidade co artigo 8.1 unha entidade beneficiaria renunciase á axuda destinada ao programa e como consecuencia do límite orzamentario que establece o artigo 4.1 ou do límite máximo do número de axudas recollido no punto 2 deste artigo quedasen programas sen recibir axuda, aquela adxudicarase ao seguinte programa que figure na orde de prelación establecida tal como se recolle neste artigo 7.

Artigo 8. Resolución e notificación

1. As entidades solicitantes propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles para a súa aceptación unha vez recibida a notificación. Transcorrido o dito prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

2. Correspóndelle á persoa titular da Consellería de Sanidade e da Presidencia do Servizo Galego de Saúde resolver o procedemento.

3. As resolucións serán motivadas e seranlles notificadas ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde. De non mediar resolución expresa no citado prazo, as entidades interesadas poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

4. A resolución deberá serlles notificada ás entidades beneficiarias de forma individualizada, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. De conformidade co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, que será notificada ao/á beneficiario/a nos termos previstos no número 4 deste artigo.

Artigo 9. Recursos

As resolucións que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá recorrerse potestativamente en reposición ante a persoa titular da Presidencia do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación, se o acto é expreso, ou de tres meses se non o é, contado desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro; ou ben ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á data de notificación, se o acto é expreso, ou de seis meses se non o é, contado desde o día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que legalmente proceda.

Artigo 10. Pagamento e xustificación

1. O pagamento da subvención realizarase de acordo co procedemento de aprobación de gasto e pagamento recollido no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En aplicación do disposto no número anterior, a contía da subvención farase efectiva mediante pagamento único. Esta xustificación realizarase unha vez cumprida a finalidade e demais condicións desta orde nos termos recollidos nos artigos 28, 29 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos artigos 41 e 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, achegando a seguinte documentación:

a) Orixinais ou copias compulsadas dos xustificantes de gastos ocasionados e pagamentos realizados no desenvolvemento das actividades do programa, xunto cunha relación ordenada e detallada destes, onde se faga constar o/a acreedor/a e documento, a data de expedición, a data de pagamento, o concepto e o importe (anexo V).

b) Declaración responsable do/da presidente/a da entidade relativa á veracidade dos datos da conta bancaria onde se ten que realizar o pagamento (anexo V).

c) Certificación expedida polo/a secretario/a ou o/a representante da entidade onde se faga constar que os gastos que se xustifican se ocasionaron no desenvolvemento das actividades obxecto desta subvención e que foron debidamente aboados (anexo V).

Cando o importe dalgún xustificante non se impute totalmente á finalidade do programa subvencionado con estas axudas, indicarase a contía exacta daquel que resulte afectado por el.

d) Declaración das actividades realizadas e financiadas do programa obxecto da subvención, indicando o custo repercutido para a entidade (anexo V).

e) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo programa, de calquera entidade privada, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes (anexo V).

f) Declaración de non estar incurso en ningunha das causas de prohibición para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e demais normativa concordante (anexo V).

g) Documentación xustificativa de que a entidade está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e/ou fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega nin é debedora por resolución de procedencia de reintegro.

3. Considéranse gastos subvencionables os recollidos no artigo 3.6 desta orde.

4. A documentación xustificativa dos gastos dirixirase á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria (Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 881 54 18 24), con data límite do 15 de novembro de 2013. Esta dirección xeral emitirá unha certificación favorable de ser conforme.

De conformidade co artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia, para os efectos desta orde considéranse gastos realizados os que fosen efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación e aqueloutros gastos realizados e que por imperativo legal non se puidesen ter pagado nese prazo.

Así mesmo, con data límite do 31 de decembro de 2013 as entidades subvencionadas deberán presentar unha memoria das actividades realizadas no marco do programa obxecto de subvención.

5. En cumprimento do disposto no artigo 14.1.m) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de que unha entidade non realice o 100 % da actividade obxecto da axuda ou, de ser o caso, non realice o 100 % do gasto previsto no orzamento do programa, iso dará lugar á modificación da resolución da concesión, e reducirase a contía da axuda concedida proporcionalmente á actividade realizada e ao custo efectivamente repercutido á entidade.

Artigo 11. Obrigas dos/das beneficiarios/as

1. Cumprir o obxectivo, executar o programa e realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade determinante da concesión da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente para comprobar o cumprimento do fin para o cal se destina esta subvención, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dos fondos percibidos.

5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario, así como cantos estados contables e rexistros sexan exixibles de conformidade co disposto nas presentes bases, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

6. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

7. Incluír en todos os documentos e accións de difusión e información do programa subvencionado o logotipo da Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) e do Servizo Galego de Saúde, en consonancia coa obriga de publicidade de carácter público do financiamento do programa establecida no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 12 da presente orde, así como nos artigos 32 e 33 da Lei 9/2007, do 13 xuño, de subvencións de Galicia.

9. Así mesmo, sen prexuízo do cumprimento das demais obrigas dispostas no presente artigo, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a:

a) Cumprir as directrices e instrucións de coordinación e programación dispostas polo Servizo Galego de Saúde a través da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

b) Comunicarlle á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria calquera modificación, suspensión ou vacante no cadro de persoal.

c) Comunicarlle á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria calquera modificación nas datas, horario e lugares previstos para a realización de cada programa na súa memoria descritiva, antes do seu comezo.

Artigo 12. Revogación e reintegro

1. No caso de producirse algunha das causas establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o establecido no artigo 74 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, procederase á revogación da subvención, así como ao reintegro, de ser o caso, da subvención percibida e dos xuros de mora correspondentes.

2. Malia o recollido no artigo 10.5 desta orde, e en cumprimento do establecido nos artigos 14.1.m) e 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, para a mesma finalidade, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, de ser o caso, ao reintegro da subvención percibida e dos xuros de mora correspondentes.

Artigo 13. Infraccións e sancións

Respecto do réxime de infraccións e sancións será de aplicación o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 14. Publicidade

1. O órgano administrativo concedente publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o/a beneficiario/a, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención, ao abeiro do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería de Sanidade publicará na súa páxina web oficial a relación dos/das beneficiarios/as e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades beneficiarias e a súa publicación na citada páxina web.

3. Consonte o artigo 16.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as axudas outorgadas ao abeiro desta orde figurarán no Rexistro Público de Axudas, Subvencións e Convenios. De conformidade co disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os/as interesados/as poderán exercer os dereitos aí contidos; así mesmo, terán dereito a que non se fagan públicos os seus datos cando concorra algunha das causas previstas no artigo 15.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Nos aspectos non contidos nesta orde aplicarase o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; e, supletoriamente, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu regulamento, o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Disposición derradeira segunda

A persoa titular da Consellería de Sanidade e da Presidencia do Servizo Galego de Saúde ditará as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file