Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18682

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego de Estatística no primeiro cuadrimestre de 2013.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2013, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o intercambio de información estatística da edificación e da construción en Galicia.

5.2.2013

0 €