Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18683

III. Outras disposicións

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Vilaxoán, 16 de maio de 2013

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no primeiro cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización da análise de enfermidades dos peixes e da situación zoosanitaria das instalacións de acuicultura mariña na Comunidade Autónoma de Galicia

26.667,00 €

17.4.2013

Convenio específico de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

0,00 €

15.1.2013