Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20807

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se convocan bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, Veterinaria, Tecnoloxía dos Alimentos e Bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia Agraria.

O Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE), recolle no seu artigo 3.2 que o citado fondo apoiará accións dirixidas, no marco do obxectivo de converxencia, a ampliar e mellorar o investimento en capital humano. Por outra parte, no Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, fíxanse normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

A Orde do 5 de xaneiro de 2012 pola que se determina a adscrición dos órganos superiores e directivos regulados no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, atribúelle á Consellería do Medio Rural e do Mar competencias en materia de investigación e formación agroforestal e agroalimentaria.

Coa finalidade de que os recentemente titulados universitarios en especialidades agroforestais, Veterinaria e afíns, así como os titulados de formación profesional e alumnos dos ciclos formativos de grao medio ou superior da familia Agraria, complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional, a Consellería do Medio Rural e do Mar convocou bolsas de prácticas en anos anteriores a través das distintas liñas de axudas que se considera necesario unificar co fin de racionalizar a asignación dos recursos públicos. Estas bolsas de prácticas serán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no 80 %.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.1.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto desta orde é a convocatoria de 71 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:

– 16 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciado en Enoloxía, 2 bolsas para licenciados en Ciencias Químicas, 2 bolsas para licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais e 2 bolsas para licenciados en Bioloxía.

– 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 2 bolsas para o ciclo superior de Industria Alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de Elaboración de Viño e Outras Bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Química.

– 9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia Agraria e 7 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia Agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

– 24 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Licenciados en Bioloxía.

Artigo 2. Carácter das bolsas

As bolsas a que se refire esta disposición, dado o seu carácter formativo, desenvolveranse dentro dun programa titorizado. A concesión e desfrute das bolsas obrigan ao cumprimento das condicións de funcionamento, horario, presenza física e instrucións do titor nomeado pola empresa, entidade ou unidade administrativa onde se realicen as prácticas.

As persoas beneficiarias das bolsas, integraranse no réxime xeral da Seguridade Social, de acordo co establecido no artigo 3 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social. Así mesmo, subscribiráselles a todos os bolseiros unha póliza colectiva de seguro de responsabilidade civil durante o tempo de duración das prácticas.

En todo caso, estas axudas axústanse ao contido na Orde TIN/2965/2008, do 14 de outubro, de gastos subvencionables polo FSE, e na Orde TIN/788/2009, do 25 de marzo, que a modifica.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán solicitar as bolsas para a formación de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación os recentemente titulados nas especialidades e para os destinos que se relacionan no anexo I desta orde.

2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal que se relacionan no anexo I para estudantes en ensinanzas de formación profesional Agraria, reguladas por esta orde, poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 2012/13 estean realizando ensinanzas profesionais dos ciclos medio ou superior nalgún dos centros de formación e experimentación agroforestal da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, ou en calquera outro dos que figuran como autorizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na súa oferta educativa da familia agraria. Tamén poderán solicitar estas bolsas os recentemente titulados en ciclos da familia Agraria.

3. As bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes poderán ser solicitadas por enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e licenciados en Bioloxía.

4. Para todas as categorías de bolsas, entenderase por recentemente titulado aquela persoa que obtivo a titulación entre o mes de abril do ano 2012 e a data de remate do prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.

5. Tamén poderán solicitar as bolsas de formación de tecnólogos e as bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes os recentemente titulados naquelas titulacións equivalentes ás recollidas nos números 1 e 3 deste artigo e que resulten da aplicación do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.

Artigo 4. Duración e contía económica

1. As bolsas para a formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación terán unha duración de catro meses, no período de xullo a novembro, salvo renuncia ou incumprimento dos beneficiarios. O seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros para os tecnólogos e de 800 euros para o persoal de apoio.

2. As bolsas de prácticas nos centros de formación e experimentación agroforestal para os titulados e alumnos de segundo curso en ensinanzas de formación profesional terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 800 euros. As de alumnos do primeiro curso do ciclo formativo terán unha duración de 2 meses, no período de xullo a setembro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 600 euros.

3. As bolsas de prácticas para os recentemente titulados en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes terán unha duración de tres meses, no período de xullo a outubro, e o seu importe económico, por mes de prácticas, será de 1.000 euros.

4. No caso de que o número de solicitudes admitidas fose inferior ao de bolsas convocadas para algunha das categorías ou titulacións recollidas na presente orde, poderase ampliar a oferta das outras sempre que non se modifique o montante global orzado.

5. Estas bolsas son incompatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin e co traballo remunerado de carácter fixo ou temporal durante o seu período de duración.

6. A duración das bolsas para os recentemente titulados en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario e en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes poderá ser ampliable. O procedemento para a ampliación da bolsa será o seguinte:

– Rexistro dunha solicitude de ampliación da bolsa segundo a punto 7.1 desta orde.

– A solicitude de ampliación deberá incluír unha memoria asinada conxuntamente por parte da empresa/entidade e o bolseiro en que, se xustifique que, coa súa ampliación, o bolseiro vai ter acceso a unha formación de que, dadas as súas características, non se beneficiaría de non prorrogarse a esta.

– No caso de presentárense varias solicitudes de ampliación da bolsa, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes aprobaraas, en función das dispoñibilidades orzamentarias, por orde de prelación da data de presentación das ditas solicitudes.

Artigo 5. Documentación que deben presentar os solicitantes das bolsas

As solicitudes presentaranse segundo o modelo que se xunta (anexo II), debidamente cuberto e asinado polo interesado. No dito anexo II recollese, entre outra información unha declaración responsable do interesado, en que fai constar que non realizará ningún traballo remunerado nin se beneficiará doutro tipo de bolsa ou axuda para o mesmo fin durante o período de desfrute da bolsa. A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

– Fotocopia do DNI ou, conforme o establecido na Orde do 12 de xaneiro de 2012, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia, os interesados poderán dar o seu consentimento expreso na solicitude para que o órgano competente da Administración comprobe por medios electrónicos os seus datos persoais.

– Copia cotexada do título ou xustificante de similar valía, expedido polo centro onde cursou os seus estudos.

– Para os titulados universitarios, copia da certificación en que se especifique a nota media que obtivo na súa carreira, calculada de acordo co establecido na Resolución do 15 de setembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

– Para os titulados en ciclos formativos da familia Agraria ou Química, certificado das cualificacións globais de estudos.

– Os estudantes de ciclos da familia Agraria presentarán unha certificación asinada polo/a director/a do centro, en que se faga constar a media das cualificación obtidas ata a data desta convocatoria. Os alumnos de segundo curso presentarán, ademais, a media das cualificacións obtidas no primeiro curso.

– Titulados universitarios, acreditación, en orixinal ou copia cotexada, do coñecemento da lingua galega.

– Consignar o número de conta bancaria no anexo II no recadro correspondente.

– Ademais, os solicitantes non poderán incorrer en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 6. Documentación que deben presentar as empresas e entidades interesadas

1. As cooperativas agrarias, industrias agroalimentarias e agroforestais, consellos reguladores e demais empresas e entidades relacionadas co sector agrario, así como as unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes interesadas en acoller algún bolseiro en período de prácticas, das titulacións que se relacionan no punto 3 do artigo 3 desta orde, solicitarano á Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. As solicitudes presentaranse segundo o modelo que se xunta no anexo III, debidamente cuberto e asinado polo presidente ou representante legal da empresa ou entidade peticionaria, acompañadas da seguinte documentación:

– Breve memoria: número de bolseiros solicitados e titulación requirida, programa formativo, actividades que se van desenvolver no dito programa, os obxectivos formativos, compromisos concretos asumidos polas entidades no referente a formación e control dos bolseiros. Designarase un titor que dirixirá as actividades de formación do bolseiro. Esta mesma memoria deberán enviala en soporte informático ao seguinte enderezo electrónico formacion.cmrm@xunta.es, indicando na mensaxe «memoria bolsas».

– Fotocopia do NIF da empresa ou entidade. No caso de persoas físicas empresarias, conforme o establecido na Orde do 12 de xaneiro de 2012, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia, os interesados poderán dar o seu consentimento expreso na solicitude para que o órgano competente da Administración comprobe por medios electrónicos os seus datos persoais.

– As empresas deberán estar ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e autorizar a Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A entidade solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, daquela deberá achegar coa solicitude a certificación e de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– As empresas non poderán encontrarse en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 7. Presentación de solicitudes e prazo

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. Tanto as empresas como os interesados en solicitar estas bolsas de prácticas deberán presentar as respectivas solicitudes no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 8. Tramitación

Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes, a Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica procederá á súa revisión e valoración. Se as solicitudes non estivesen debidamente cubertas ou non se xuntase a documentación exixida, requiriranse os interesados para que nun prazo máximo de dez días emenden os erros ou acheguen os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o faceren, se considerará que desistiron da súa petición e arquivarase a solicitude, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 9. Selección dos bolseiros

1. A selección dos bolseiros será realizada por unha comisión de valoración presidida polo subdirector xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica e dela tamén formarán parte: como secretario, un funcionario do Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións, e como vogais, o xefe do Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións e o xefe do Servizo de Formación Agroforestal.

2. Se, por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus integrantes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o subdirector xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica.

3. A selección realizarase tendo en conta a nota media simple da carreira no caso dos titulados universitarios segundo a certificación expedida pola universidade, ou a certificación do centro de estudos no caso do resto de solicitantes. Se a nota da carreira non se detallase en número, para os efectos da selección dos bolseiros tomaranse como referencia os seguintes valores equivalentes: aprobado = 1, notable = 2, sobresaliente = 3 e matrícula de honra = 4.

4. Reservarase o cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos nesta convocatoria, ao abeiro do artigo 37 bis engadido pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na Lei 7/2004, galega para a igualdade de mulleres e homes. Se non houbese suficientes solicitudes de mulleres, as prazas cubriranse con homes.

5. Reservarase tamén un 5 % das bolsas de prácticas convocadas para adxudicalas a titulados con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. Os interesados deberán presentar as correspondentes xustificacións, que deberán ter o informe favorable da comisión de valoración, de non seren cubertas, adxudicaranse xunto coas demais bolsas. No caso dos estudantes de ciclos formativos este punto e o anterior non se terán en conta cando os alumnos non teñan nas súas cualificacións globais unha media de 5 ou aprobado.

6. No caso de que varios solicitantes teñan a mesma puntuación, usaranse como criterios de desempate: en primeiro lugar, a maior antigüidade na data de obtención do título, e en segundo lugar, a maior idade dos solicitantes.

7. Unha vez rematado o proceso de admisión de solicitudes, a comisión elaborará un informe que lle elevará ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, e que incluirá as listas provisionais de posibles beneficiarios de cada tipo de bolsa, ordenadas de maior a menor, segundo a súa puntuación. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes exporá estas listas provisionais no taboleiro de anuncios da Consellería do Medio Rural e do Mar en San Caetano e nas súas propias dependencias, con enderezo na rúa Camiño Francés, 10, baixo, 15703 Santiago de Compostela, ou no teléfono 981 54 66 96. Tamén estarán á disposición dos interesados na páxina web desta consellería:

(http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/formacion/vixentes/investigacion_e_formacion/).

8. Abrirase un prazo de 10 días, contados a partir da data de publicación das listas provisionais, co fin de realizar consultas e reclamacións sobre estas. Seguidamente, a comisión de valoración resolverá as reclamacións e a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes publicará a seguir as listas definitivas de posibles bolseiros, nos mesmos lugares e forma citados anteriormente.

9. Para as bolsas de prácticas dos recentemente titulados exporase, de igual xeito, a relación de empresas, entidades ou unidades dependentes desta consellería onde se ofertan prazas, localidade onde está sita cada unha e titulación preferente requirida. Xuntarase tamén a memoria enviada pola empresa solicitante.

Artigo 10. Proceso de adxudicación

1. Para a adxudicación das bolsas de tecnólogos e de persoal de apoio á investigación, a comisión de valoración, unha vez publicada a lista definitiva de posibles bolseiros, ordenados segundo a titulación e a puntuación, de maior a menor, convocará os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) con enderezo na rúa Madrid, nº 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

A data e a hora da convocatoria para a elección da bolsa de prácticas faranse públicas xunto coa lista definitiva de solicitudes admitidas de bolsas de formación de tecnónolos e personal de apoio no taboleiro de anuncios de Consellería do Medio Rural e do Mar en San Caetano e na páxina web desta consellería:

(http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/formacion/vixentes/investigacion_e_formacion/).

A orde de chamamento será primeiro por titulacións e dentro de cada titulación, respectando os puntos 4 e 5 do artigo 9 da presente orde, por puntuación. No caso dos tecnólogos chamarase por esta orde: licenciados en Enoloxía, licenciados en Ciencias Químicas, licenciados en Ciencias e Tecnoloxía dos Alimentos, licenciados en Bioloxía, enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes e enxeñeiros técnicos forestais.

A orde de chamamento para o persoal de apoio será: titulados no ciclo superior de Industria Alimentaria, titulados no ciclo de Elaboración de Viño e Outras Bebidas, titulados en ciclos formativos (de grao medio e superior) da familia Agraria e titulados en ciclos (de grao medio e superior) da familia Química.

No caso dos ciclos formativos, terán prioridade os do ciclo superior sobre o medio. Seguindo a orde establecida anteriormente os bolseiros escollerán os posibles destinos ata cubrir as bolsas ofertadas para cada titulación.

No caso de quedaren bolsas vacantes, distribuiranse equitativamente entre as outras titulacións seguindo a mesma orde de chamamento. Procederase de tal xeito que a primeira vacante se ofertará á primeira das titulacións e as seguintes, de existiren, ofertaranse sucesivamente ás correspondentes titulacións da orde de chamamento.

2. Para a adxudicación das bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, convócanse os candidatos da lista definitiva para a elección da bolsa de prácticas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) con enderezo na rúa Madrid, nº 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

A data e a hora da convocatoria para a elección da bolsa de prácticas faranse públicas xunto coa lista definitiva de solicitudes admitidas de bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal, no taboleiro de anuncios de Consellería do Medio Rural e do Mar en San Caetano e na páxina web desta consellería:

(http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/formacion/vixentes/investigacion_e_formacion/).

As bolsas dispoñibles ofertaranse aos candidatos de cada titulación pola seguinte orde: enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e licenciados en Bioloxía, citados pola orde de puntuación definitiva, de maior a menor, poderán escoller o destino. Inicialmente o número de bolsas para escoller para cada unha das titulacións será como máximo o seguinte: 4 enxeñeiros agrónomos, 3 enxeñeiros técnicos agrícolas, 4 enxeñeiros de montes, 3 enxeñeiros técnicos forestais, 4 licenciados en Veterinaria, 3 licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e 3 licenciados en Bioloxía.

No caso de quedaren bolsas vacantes, distribuiranse equitativamente entre as outras titulacións seguindo a mesma orde de chamamento, procedendo igual que no punto 1 deste artigo.

De non haber destinos suficientes para algunha das titulacións as bolsas ofertaranse a outras titulacións en que haxa destinos e distribuiranse segundo a orde fixada anteriormente.

3. Aqueles candidatos que o día indicado para a elección de destino non comparezan ou non estean representados mediante acreditación suficiente, entenderase que renuncian á bolsa de prácticas que lles puidese corresponder.

4. Con todos aqueles candidatos que non obtiveron bolsa de prácticas, sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta orde, conformaranse unhas listas de suplentes, ordenadas de maior a menor segundo a súa puntuación, para cubrir posibles renuncias ou baixas que se produzan durante o período de duración das bolsas concedidas, de acordo co sinalado no artigo 12.3 desta orde. Aqueles candidatos que non concorran o día indicado para a elección de destino non serán tidos en conta á hora de confeccionar as listas de suplentes.

5. A adxudicación das prazas de estudantes e titulados de ciclos formativos da familia agraria farase a través da comisión de valoración. Cada solicitante indicará na súa solicitude o centro de formación en que desexa facer as prácticas e sinalará se desexa que lle oferten prazas noutros destinos ou figurar na lista de suplentes do centro para o que solicita praza, no caso de que non obteña praza directamente. A comisión de valoración confeccionará unha lista por orde de puntuación do expediente académico e adxudicaranse as prazas segundo a demanda dos solicitantes, co tope máximo de 6 bolsas por centro de formación, tope que poderá superarse no caso de que queden prazas vacantes. Para a repartición inicial excluiranse aqueles/as alumnos/as cuxas notas medias non superen o aprobado (5), estes integrarán a lista de suplentes e só serán avisados no caso de quedaren bolsas sen cubrir.

6. Calquera modificación significativa que puidese ter lugar en relación coa elección das bolsas de prácticas e o seu posterior desenvolvemento deberá ser acordada pola comisión de valoración e comunicaráselles a todos os afectados.

Artigo 11. Resolución e aceptación das bolsas de prácticas

1. A comisión de valoración, vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, fará chegar as correspondentes propostas de adxudicación e listaxes de suplentes ao subdirector xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica para que formule a proposta de resolución e posterior elevación ao secretario xeral de Medio Rural e Montes, quen resolverá, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, a concesión das bolsas. Na dita resolución figurará un beneficiario por cada bolsa, así como unha relación de suplentes con todos os solicitantes admitidos, de maior a menor puntuación, para cubrir as vacantes que se poidan producir.

2. O prazo total para resolver será de 5 meses contados desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes poderanse entender desestimadas cando transcorra o devandito prazo sen que recaia resolución expresa.

3. O subdirector xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica da Consellería do Medio Rural e do Mar comunicaralles aos solicitantes seleccionados a concesión das axudas e o enderezo dos centros, unidades ou empresas onde realizarán as prácticas e a data de incorporación. A lista de axudas concedidas e destinos dos bolseiros tamén será exposta na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

4. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, se é o caso.

5. Para toda a información xeral referente a estas bolsas dentro da páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, na epígrafe de formación destinarase un espazo para bolsas, en que se poderá, entre outras cousas, consultar as listas, descargar distintos modelos e visualizar as memorias das empresas.

http://www.medioruralemar.xunta.es/anuncios/formacion/vixentes/investigacion_e_formacion/

6. Por estar a axuda cofinanciada polo FSE, na resolución de concesión a persoa beneficiaria será informada de que a aceptación da axuda comunitaria implicará a súa aparición na lista pública cos nomes dos beneficiarios, das operacións e da cantidade de fondos públicos asignada a cada operación, conforme o previsto no artigo 7.2.d) do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro.

Os centros públicos e privados (empresas) onde se realicen as prácticas deberán publicitar a súa cofinanciación co FSE, conforme o exixido na normativa comunitaria (Regulamento (CE) 1828/2006) e seguindo as indicacións recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais no período 2007-2013 en Galicia.

Artigo 12. Desenvolvemento das bolsas

1. Os bolseiros deberán presentarse no destino onde van realizar as prácticas na data que se lles comunicará coa resolución de adxudicación da bolsa, debendo comunicar previamente ao Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións, mediante escrito asinado polo interesado, a aceptación da bolsa de prácticas concedida, de acordo co establecido nesta orde. A non incorporación na data fixada na resolución, nin presentación de documentación xustificativa da ausencia, dará lugar á perda da bolsa.

2. As posibles baixas ou renuncias poderán ser ofertadas, por estrita orde segundo se produzan, aos candidatos que conforman as listas de suplentes, de acordo coa súa puntuación.

3. Só se ofertarán aquelas bolsas, cando a baixa ou renuncia dos bolseiros se produza, ata o mes anterior á finalización do período de prácticas.

4. En ningún caso se admitirán, no desenvolvemento das bolsas de prácticas, os cambios de destino entre os bolseiros que deberán estar localizables no período de prácticas para a realización de controis por parte da Administración.

Artigo 13. Modificación, seguimento e control

1. O seguimento e control das bolsas de prácticas será efectuado pola Subdirección Xeral de Formación e Transferencia Tecnolóxica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Toda alteración das condicións que se tiveron en conta para a concesión das bolsas poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

3. O beneficiario da axuda estará obrigado a facilitar a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas. En especial, e dado que as subvencións concedidas ao abeiro desta orde están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, as persoas ou entidades beneficiarias garantirán, durante un período de tres anos a partir do peche do programa operativo ou ben durante un período de tres anos a partir do ano en que tivese lugar o peche parcial deste, a dispoñibilidade dos documentos xustificativos do desfrute destas bolsas e da realización da actividade cofinanciada.

4. De producirse calquera incidencia no desenvolvemento dalgunha das bolsas de prácticas que poida afectar o pagamento destas, a dirección da empresa, centro ou unidade dependente desta consellería ten a obriga de comunicala inmediatamente á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e, ao remate de cada mes, certificará o cumprimento correcto polo bolseiro do labor encomendado.

Artigo 14. Perda da condición de bolseiro

1. O bolseiro perderá a condición como tal no momento en que incumpra calquera dos requisitos que se establecen nesta orde; se non se presenta ou deixa de asistir ao destino onde realiza as prácticas sen causa xustificada e, en calquera caso, cando o titor designado pola dirección do centro, unidade ou empresa onde se realizan as prácticas emita informe negativo sobre a actitude do bolseiro no desempeño do labor encomendado.

2. Garantirase, en todo caso, a audiencia do bolseiro afectado.

3. Poderáselles anular a concesión do bolseiro a aquelas empresas ou entidades en que o traballo de prácticas desenvolvido non garde relación co descrito na solicitude. Para o bolseiro afectado poderase habilitar outra bolsa de prácticas alternativa, sempre que sexa posible.

Artigo 15. Xustificación e pagamento

1. Ao remate de cada mes, o titor emitirá un certificado dirixido ao Servizo de Formación Agroforestal no cal se indique se o bolseiro cumpriu correctamente coa actividade formativa encomendada ou se, pola contra, existiu algunha incidencia que poida afectar o pagamento da bolsa. Para unha máis rápida tramitación administrativa dos pagamentos, o dito certificado emitido polo titor deberá ser adiantado ao fax 981 54 66 99 ou por correo electrónico formacion.cmrm@xunta.es.

2. Durante o período de prácticas, esta consellería poderá realizar controis para comprobar o correcto desenvolvemento das bolsas de prácticas. Calquera irregularidade detectada e non comunicada poderá ser causa da perda da condición de bolseiro e da devolución dos importes percibidos.

3. O pagamento irase facendo mes a mes, a excepción do establecido no punto 4 deste artigo. No último mes, o pagamento quedará condicionado a que previamente se reciban os informes citados no punto 5.

4. Se durante o período de prácticas o bolseiro causa baixa ou perde a condición como tal, pagaráselle o importe correspondente ao tempo transcorrido ata a data de baixa ou de perda da condición de bolseiro.

5. Na semana anterior á finalización do período de prácticas, os bolseiros remitirán ao Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatísticas e Publicacións unha memoria final, en que resuman de forma detallada a totalidade do traballo e actividades realizadas. A empresa, dirección do centro ou unidade desta consellería, tamén deberá remitir un breve informe do titor designado sobre o labor desempeñado polo bolseiro ao finalizar a bolsa de prácticas. Así mesmo, cada centro ou empresa facilitará a todos os bolseiros un certificado de prácticas ao remate destas, asinado polo titor ou persoa responsable, en que se resuma o tipo de prácticas realizadas.

6. O bolseiro tamén deberá presentar á finalización do período de prácticas e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 16. Aplicación orzamentaria

1. O importe destas bolsas sufragarase con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.422M.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, cunha dotación inicial de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00 €). Estas axudas están cofinanciadas polo FSE nun 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 72. No crédito inclúese a cotización para os beneficiarios das bolsas no réxime xeral da Seguridade Social, coa única exclusión da protección por desemprego, de acordo co Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no RXSS das persoas que participen nos programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

2. A dotación orzamentaria indicada no punto 1 poderá incrementarse, se fose procedente, con outros fondos do FSE e da Comunidade Autónoma. Nese suposto tramitarase o oportuno expediente de xeración, ampliación ou transferencia de crédito.

En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 17. Réxime de recursos

1. Os actos administrativos que derivan desta orde poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

2. As resolucións expresas ou presuntas ditadas en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación se é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos; ou ben poderá ser impugnada directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo no prazo de dous meses se a notificación é expresa, ou de seis meses se o acto é presunto.

3. Igualmente, os beneficiarios desta orde de axudas quedan suxeitos aos supostos de reintegro e réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. En todo o non previsto nesta orde observarase o sinalado no Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da anterior.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes desta consellería para ditar os actos e as instrucións necesarios para a correcta aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I
Prazas e destinos dispoñibles para as bolsas de tecnólogos
e persoal de apoio á investigación

Unidade

Titulación

Nº prazas

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo-A Coruña)

Enxeñeiro agrónomo

4

Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

1

Licenciado en Ciencias Químicas

1

Enxeñeiro técnico agrícola

1

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Química

4

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Agraria

5

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

(Leiro-Ourense)

Licenciado en Enoloxía ou en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

2

Licenciado en Ciencias Químicas

2

Enxeñeiro agrónomo ou enxeñeiro técnico agrícola

2

Licenciado en Bioloxía

1

Titulado no ciclo superior de Industria Alimentaria ou nos ciclos de grao medio ou superior da familia Química

4

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Agraria

2

Titulado no ciclo medio de Elaboración de Viños e Outras Bebidas

2

Estación Experimental de Horticultura Intensiva do Baixo Miño (Salceda de Caselas-Pontevedra)

Enxeñeiro agrónomo

1

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Agraria

2

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Abegondo-A Coruña)

Licenciado en Enoloxía ou licenciado en Ciencias Químicas ou licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou enxeñeiro agrónomo ou licenciado en Bioloxía

5

Titulados no ciclo superior de Industria Alimentaria ou no ciclo medio de Elaboración de Viños e Outras Bebidas ou dos ciclos de grao medio ou superior da Familia Química

7

Centro Tecnolóxico da Carne

(San Cibrao

das Viñas-Ourense)

Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos ou Veterinaria ou Química ou Enxeñaría Agrónoma ou Enxeñaría Técnica Agrícola ou licenciado en Bioloxía

6

Titulación no ciclo superior da familia Química ou da familia de Industrias Alimentarias ou da familia Agraria

6

Estación Experimental de Viticultura de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra)

Enxeñeiro técnico agrícola

1

Titulado no ciclo medio de Elaboración de Viños e Outras Bebidas

1

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Enxeñeiro de montes

3

Enxeñeiro técnico forestal

2

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Química

2

Titulados dos ciclos de grao medio ou superior da familia Agraria

2

Prazas e destinos dispoñibles para titulados e alumnos de formación profesional

Unidade

Estudos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo-A Coruña)

Ciclo medio de Xardinaría e Floraría ou ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón-A Coruña)

Ciclo medio de Produción Agropecuaria ou de Traballos Forestais e de Conservación do Medio Natural ou ciclo superior de Xestión e Organización da Empresa Agropecuaria

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá (Becerreá-Lugo)

Ciclo medio de Traballos Forestais e de Conservación do Medio Natural ou ciclo superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte (Monforte de Lemos-Lugo)

Ciclo medio de Aceites de Oliva e Viños

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias (Ribadeo-Lugo)

Ciclo medio de Produción Agroecolóxica

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Lourizán-Pontevedra)

Ciclo medio de Traballos Forestais e de Conservación do Medio Natural ou ciclo superior de Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file