Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 28 de xuño de 2013 Páx. 25439

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de xuño de 2013 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

De conformidade co establecido no Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011 (Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (en diante TRLFPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir sete (7) prazas da escala do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, da escala de inspección urbanística polas quendas de promoción interna e acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. O número de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a tres (3) prazas.

O número de vacantes reservadas á quenda de acceso libre ascende a catro (4) prazas As prazas reservadas ao sistema de promoción interna que non se cubran, acumularanse á quenda de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima do TRLFG e co Decreto 55/2011, do 31 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, do total de prazas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %. Esta cota de reserva aplicarase ao sistema de acceso libre.

No suposto de que as prazas cubertas por persoas con discapacidade alcancen a taxa do 3 % das prazas convocadas, as non cubertas acumularanse ás restantes de acceso xeral.

No suposto de que as ditas prazas cubertas non alcancen a taxa do 3 % das prazas convocadas, as non cubertas acumularanse á cota do 7 % da oferta seguinte, cun límite máximo do 12 %.

Se algún/algunha aspirante con discapacidade que se presente pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído/a pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás dúas quendas, no que se refire ás relacións de admitidos/as e excluídos/as, aos chamamentos aos exercicios e á relación de aprobados/as. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación única na cal se incluirán todos/as os/as candidatos/as que superen todas as probas selectivas, ordenados/as pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participen.

I.1.3. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, será excluído/a nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Tras a publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos non se permitirá ningún cambio de quenda ou calquera tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (en diante EBEP), o TRLFPG e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos/as candidatos/as.

Para seren admitidos/as aos procesos selectivos os/as aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios/as de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna:

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado/a en Dereito, grao en Dereito, Arquitectura, grao en Arquitectura.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

1.2.1.3. Os/as aspirantes deberán ser funcionarios/ as da Administración da Xunta de Galicia e pertencer aos seguintes corpos ou escalas, segundo a opción pola que se presenten:

a) No caso de presentarse pola opción xurídica: pertencer ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, ou ao corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2.

b) No caso de presentarse pola opción técnica: pertencer ao corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, ou ao corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia,

1.2.1.4. Ter prestados servizos efectivos como funcionario/a de carreira nalgún dos corpos ou escalas desde o que participen durante polo menos dous anos, computados desde o ingreso ou desde a integración nel.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de fillos/as e familiares (artigo 54 e 57 do TRLFPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

I.2.2. Para acceso libre:

I.2.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter cumpridos dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciado/a en Dereito, grao en Dereito, Arquitectura, grao en Arquitectura.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou validación, de ser o caso.

I.2.2.4. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 %.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exacións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), seguindo a ruta «Función pública»-«Procesos selectivos»-«Xeración e presentación de instancias», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as/os solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As/os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a que se refire a base I.2.2.6., deberán indicalo expresamente na solicitude, e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Estes aspirantes poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 55/2011, do 31 de marzo (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 4 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011.

Os/as solicitantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a/o solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta/o de pagamento: de acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentos do pagamento:

Do importe total da taxa.

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción a/o solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Discapacitados:

– Certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial:

– Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes á data da convocatoria

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A dita documentación deberá ser presentada nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC).

Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

• Non exenta/o de pagamento: a/o solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

Pagamento presencial.

– Deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento telemático.

Sen certificado dixital:

– Deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital:

– Poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/a titular do certificado desde a opción de pagamento telemático e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

En ambos os casos considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC.

Para a devolución da taxa aboada os/as solicitantes deberán figurar como excluídos/as nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as/os solicitantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas de luns a venres e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a/o titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidas/os e excluídas/os a través dunha resolución que será publicada no DOG e nos lugares determinados pola normativa vixente, con indicación dos seus apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que están expostas.

I.4.2. As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes aparecerán na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o titular da Dirección Xeral da Función Pública ditará unha nova resolución pola que se aproben as listaxes definitivas de aspirantes admitidas/os e excluídas/os.

O feito de figurar na relación de admitidas/os non prexulgará que se lles recoñeza aos/ás aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta orde. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis tres (3) preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ao contido dos textos de dereito positivo que se relacionan a continuación:

Opción xurídica:

– Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

– Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

– Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia: títulos I a V.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.

– Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

– Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

– Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

– Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II, III e VI.

– Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (Lei 30/2007, do 30 de outubro): título preliminar libro I, libro II, títulos I do libro III, libro IV e título I do libro V.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: títulos I a VIII.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: titulos preliminar I, II e III.

– Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título terceiro.

– Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: capítulos I a III.

– A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: titulos preliminar a IV.

– A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: titulos preliminar e II.

– Tratado da Unión Europea: títulos I a III.

– Tratado de funcionamento da Unión Europea: primeira parte, segunda parte e capítulos 1 e 2 do título I da sexta parte.

– Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).

– Regulamento de planeamento urbanístico (Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño).

– Regulamento de xestión urbanística (Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto).

– Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

– Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

– Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

– Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

– Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

– Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988 (Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro).

– Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.

– Decreto 213/2007, do 31 de outubro de 2007, polo que se aproba os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Opción técnica:

– Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

– Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

– Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia: títulos I a V.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.

– Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

– Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II, III e VI.

– Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (Lei 30/2007, do 30 de outubro): título preliminar e títulos I e II do libro I.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: títulos I a VIII.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: titulos preliminar I, II e III.

– Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título terceiro.

– Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: capítulos I a III.

– Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: títulos preliminar a IV.

– Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

– Tratado da Unión Europea: títulos I a III.

– Tratado de funcionamento da Unión Europea: primeira parte, segunda parte e capítulos 1 e 2 do título I da sexta parte.

– Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Regulamento de disciplina urbanística para o desenvolvemento e aplicación da Lei do solo de Galicia (Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro).

– Regulamento de planeamento urbanístico (Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño).

– Regulamento de xestión urbanística (Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto).

– Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

– Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

– Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

– Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

– Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

– Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988 (Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro).

– Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación.

– Código técnico da edificación (Real decreto 314/2006, do 17 de marzo). Parte I.

– Decreto 213/2007, do 31 de outubro de 2007, polo que se aproban os estatutos da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Os/as aspirantes procedentes da quenda de promoción interna estarán exentos para a realización deste exercicio dos seguintes textos de dereito positivo:

Opción xurídica:

– Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

– Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

– Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia: títulos I a V.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.

– Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora .

– Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

– Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

– Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II, III e VI.

– Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (Lei 30/2007, do 30 de outubro): título preliminar libro I, libro II, títulos I do libro III, libro IV e título I do libro V.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: títulos I a VIII.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: titulos preliminar I, II e III.

– Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título terceiro.

– Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: capítulos I a III.

– A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: titulos preliminar a IV.

– A Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: titulos preliminar e II.

– Tratado da Unión Europea: títulos I a III.

– Tratado de funcionamento da Unión Europea: primeira parte, segunda parte e capítulos 1 e 2 do título I da sexta parte.

Opción técnica:

– Constitución española, do 27 de decembro de 1978.

– Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

– Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia: títulos I a V.

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: títulos I a X.

– Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: títulos preliminar, I, II e III.

– Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal: títulos I, II, III e VI.

– Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (Lei 30/2007, do 30 de outubro): título preliminar e títulos I e II do libro I.

– Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia: títulos I a VIII.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: titulos preliminar I, II e III.

– Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia: títulos I a V.

– Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título terceiro.

– Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade: capítulos I a III.

– Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia: títulos preliminar a IV.

– Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes: títulos preliminar e II.

– Tratado da Unión Europea: títulos I a III.

– Tratado de funcionamento da Unión Europea: primeira parte, segunda parte e capítulos 1 e 2 do título I da sexta parte.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de normas e temas que integran o programa.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas (2) horas.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non será anterior ao 1 de novembro de 2013.

II.1.1.2. Segundo exercicio. Os/as aspirantes deberán realizar por escrito un suposto práctico de desenvolvemento que elixirán entre dous (2) propostos polo tribunal sobre os temas que integran a parte específica do programa.

Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios, excluídos os libros de consulta.

O exercicio terá unha duración máxima de tres (3) horas.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) o suposto práctico en que consistía o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

– Os/as aspirantes da quenda de promoción interna deberán desenvolver por escrito dous (2) temas da parte específica do programa, que elixirá o opositor de entre catro (4) obtidos por sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte específica do programa. O tempo máximo para a realización do exercicio para os/as aspirantes da quenda de promoción interna será de tres (3) horas.

– Os/as aspirantes do sistema de acceso libre deberán desenvolver por escrito tres (3) temas, un (1) da parte xeral e dous (2) da parte específica do programa. Os tres temas serán elixidos polo opositor de entre dous (2) da parte xeral e catro (4) da parte específica, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido do programa. O tempo máximo para a realización deste exercicio para os/as aspirantes do sistema de acceso libre será de catro (4) horas e media.

Posteriormente, serán convocados oportunamente polo tribunal para proceder á lectura polo opositor en sesión pública ante o tribunal, que o cualificará valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade de expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición. Comezarase polos aspirantes da quenda de promoción interna.

O tribunal disporá da obtención de copias fotoestáticas dos exercicios para cotexar a lectura efectuada polo aspirante.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para obter esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de 48 horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de 40 días hábiles.

II.1.1.4. Cuarto exercicio, que constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima de unha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo que posúen o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación dos/as opositoras/es iniciarase alfabeticamente polo/a primeiro/a da letra «L», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 1 de febreiro de 2011 (DOG nº 25, do 7 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 21 de xaneiro de 2011 (DOG nº 16, do 23 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2011.

II.1.2.2. Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos/as aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradores.

II.1.2.4. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG, no Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. As puntuacións obtidas polos/as aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse no lugar onde se realizou a proba de que se trate, no Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es). Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha/algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a orde que corresponda.

II.1.2.9. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os/as interesados/as poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas publicarao no DOG.

II.2. A orde de prelación dos aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producen renuncias dos/as seleccionados/as antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos dos/as aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeados/as funcionarios/as.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta o previsto polo artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da LRX-PAC ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril do 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

O/A presidente/a deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ás/aos asesores/as especialistas previstos na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 29 da LRX-PAC.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG.

Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso do/a presidente/a e do/a secretario/a.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na LRX-PAC, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que,será lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do/a secretario/a e o visto e prace do/a presidente/a.

III.8. O/A presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo, agás aqueles en que estea prevista a lectura pública, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas/es candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do/a opositor/a.

As decisións e acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade dos opositores a que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as valoracións que xulgue pertinentes. Estes asesores/as deberán limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que os/as aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que os/as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3. as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización das probas, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade do/a aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo a que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1. implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados/as que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da LRX-PAC.

III.14. As comunicacións que formulen os/as aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de aprobados/as, presentación de documentación e nomeamento de funcionarios/as de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes seguiranse por orde os seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida no primeiro exercicio.

– Puntuación obtida no segundo exercicio.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como funcionarios/as.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de aprobados/as, estas/es disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

A) Fotocopia compulsada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención ou, de ser o caso, documento que acredite fidedignamente a súa posesión ou homologación.

B) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios/as, nin pertencer ao mesmo corpo, escala ou especialidade a cuxas probas selectivas se presenten.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

C) Informe sobre o estado de saúde que acredite que o/a aspirante non padece enfermidade nin está afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

D) Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Traballo e Benestar e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que os/as aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Os que teñan a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

Deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependan para acreditar tal condición.

IV.4. Os/as que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados/as funcionarios/as e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorran por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, os/as aspirantes serán nomeados/as funcionarios/as de carreira mediante unha orde do/a conselleiro/a competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. A adxudicación das prazas ás/aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1

Os/as aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre os/as da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes, de acordo co disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo tomarán posesión da praza que estean desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios/as pertencentes aos corpos ou escalas a que accedan, de acordo co disposto no artigo 63 do TRLFPG.

IV.7. A toma de posesión dos/as aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións do TRLFPG e demais normas concordantes.

V. Disposición derradeira.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO I
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo
facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística

• Parte xeral.

1. Concepto de Constitución. A Constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978: sistemática e estrutura. Características xerais. Os principios constitucionais. A reforma constitucional.

2. Dereitos e liberdades. Os dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Garantías e tutela. A súa suspensión. Principios reitores da política social e económica.

3. A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do rei.

4. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. O control parlamentario do Goberno en España.

5. Procedemento de elaboración e aprobación das leis. Órganos de control da Administración: o Tribunal de Contas e o Defensor do Pobo. A Administración consultiva: especial referencia ao Consello de Estado.

6. O Tribunal Constitucional. Organización. Presupostos materiais e procedementos dos recursos ante o tribunal.

7. A regulación constitucional da xustiza. O poder xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial: organización e competencias. O Tribunal Supremo. Os tribunais superiores de xustiza. O Ministerio Fiscal.

8. O Goberno. A súa composición. Nomeamento e cesamento. As funcións do Goberno. O presidente do Goberno. Os ministros. A Administración pública. Principios constitucionais informadores da organización e da actuación da Administración. Goberno e Administración: control dos actos políticos.

9. A distribución territorial do poder do Estado. Os diversos modelos existentes. O Estado das autonomías. A súa regulación na Constitución de 1978. Os estatutos de autonomía.

10. Competencias das comunidades autónomas. A modificación extraestatutaria das competencias autonómicas: leis marco, de transferencia e delegación e de harmonización. A reserva de competencias ao Estado: normativa básica. A atribución estatutaria de competencias e a cláusula de peche do artigo 149.3.

11. As administracións locais: a posición constitucional dos municipios e provincias. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas sobre Administración local.

12. Conflitos constitucionais. Conflitos do Estado coas comunidades autónomas ou destas entre si. Conflitos constitucionais entre órganos do Estado. Conflitos en defensa da autonomía local. Impugnación de disposicións e resolucións das comunidades autónomas.

13. A Autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia. O estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. Estrutura e contido.A reforma do Estatuto.

14. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. Os símbolos. A lingua e a cultura galegas. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos: garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.

15. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia. Descrición. Sede. A Administración de xustiza en Galicia.

16. O Goberno da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e a súa Presidencia. O Consello Consultivo.

17. O Parlamento de Galicia. Sistema electoral. Funcións do Parlamento. O control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

18. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

19. As administracións públicas das comunidades autónomas: bases do réxime xurídico das administracións públicas. A Administración xeral da Comunidade Autónoma galega. A súa organización. As delegacións de Galicia no exterior.

20. As entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

21. As fundacións de interese galego. As corporacións de dereito público de Galicia. Os colexios profesionais e as cámaras de comercio, industria e navegación de Galicia.

22. O municipio: organización e competencias. A provincia: organización e competencias. Outras entidades locais. Especial referencia a comarca e a parroquia.

23. Funcionamento das entidades locais. Potestade regulamentaria das organizacións locais. Réxime xurídico e impugnación de acordos.

24. Os bens das entidades locais. As facendas locais.

25. As relacións entre administracións públicas. As relacións entre o Estado e as comunidades autónomas. As relacións coa Administración local. Comunicacións ás comunidades europeas.

26. As fontes do dereito administrativo. A lei: concepto e clases. Disposicións do executivo con forza de lei: decretos leis e decretos lexislativos.

27. O regulamento: concepto e clases. Fundamento e límites da potestade regulamentaria. Regulamentos ilegais: a súa impugnación. Regulamentos dos órganos constitucionais.

28. O ordenamento xurídico de Galicia: leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

29. A relación xurídico-administrativa. Concepto e suxeitos da relación xurídico-administrativa. As administracións públicas. O administrado. A súa capacidade xurídica e de obrar. As situacións xurídicas do administrado en xeral. Situacións xurídicas de carácter activo: potestades do administrado. Situacións xurídicas pásivas: situacións de suxeición e deber do administrado.

30. O principio de legalidade da Administración: a súa construción técnica. As potestades administrativas: concepto. A atribución de potestades. Potestades regradas e potestades discrecionais. O control da discrecionalidade: en especial o control do fin e a desviación de poder. O principio de autotutela.

31. Os dereitos dos cidadáns na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

32. O acceso electrónico dos cidadans aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistro, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

33. A organización administrativa: normativa básica estatal e normativa de desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia. O órgano administrativo, en especial a competencia. Os órganos colexiados na lexislación estatal e autonómica.

34. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto administrativo: suxeito, obxecto, causa, fin e forma. Notificación e publicación dos actos administrativos.

35. A eficacia do acto administrativo: principios xerais. Executividade e suspensión. Procedementos de execución.

36. Nulidade de pleno dereito e anulabilidade dos actos administrativos. Os actos administrativos irregulares. A validación, conservación e conversión dos actos administrativos. Os erros materiais e de feito.

37. Revisión de oficio dos actos administrativos nulos e anulables: casos en que procede. Procedemento. A impugnación xurisdicional e actos pola propia Administración: a declaración de lesividade. A revogación dos actos administrativos

38. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

39. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. Especial referencia ao silencio administrativo.

40. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia impugnable, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión. As reclamacións previas ao exercicio das accións civis e laborais.

41. A potestade sancionadora da Administración. Principios. O procedemento sancionador.

42. A responsabilidade patrimonial da Administración. Características da institución no sistema español. Lesión determinante, suxeitos imputables e causas de imputación. A extensión da reparación. A acción de responsabilidade.

43. A xurisdición contencioso-administrativa. Actos impugnables. O recurso contencioso-administrativo. Execución de sentenzas.

44. Os contratos do sector público. Normativa vixente. Obxecto e ámbito de aplicación. Clases de contratos e regulación. Disposicións xerais sobre a contratación do sector público.

45. Partes do contrato: órgano de contratación e aptitude para contratar co sector público. Rexistros oficiais. Obxecto, prezo e contía do contrato. Garantías exixibles na contratación do sector público.

46. Preparación dos contratos polas administracións públicas: normas xerais. Adxudicación dos contratos das administracións públicas.

47. Efectos dos contratos. As prerrogativas da Administración. Execución e modificación dos contratos. Extinción. Cesión e subcontratación. Réxime de invalidez e recursos.

48. As subvencións públicas. Réxime xurídico das subvencións na Administración da Xunta de Galicia.

49. A expropiación forzosa. A súa xustificación e natureza. Lexislación vixente: a repartición competencial. Suxeitos, obxecto e causa da expropiación.

50. O procedemento expropiatorio xeral. Particularidades do procedemento de urxencia. A reversión do ben expropiado. Garantías do expropiado. O Xurado de Expropiación Forzosa de Galicia.

51. As propiedades administrativas en xeral. Clases. Os bens patrimoniais da Administración: particularidades e réxime común cos ben demaniais. O dominio público: concepto, natureza xurídica, elementos e réxime xurídico.

52. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Tráfico xurídico do patrimonio. Formas de tráfico administrativo dos bens demaniais e requisitos especiais do tráfico dos bens patrimoniais. Utilización e aproveitamento do patrimonio. Protección de defensa.

53. Réxime xurídico do patrimonio cultural: lexislación estatal e autonómica. A protección dos camiños de Santiago.

54. Aspectos urbanísticos da lexislación en materia de augas, portos e estradas.

55. Réxime xurídico da protección do ambiente: lexislación estatal e autonómica.

56. Emprego público. Réxime legal e competencias da Xunta de Galicia. Clases de persoal ao servizo da Xunta de Galicia. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario.

57. Dereitos dos funcionarios; especial referencia á carreira profesional e promoción interna, aos dereitos retributivos e ao dereito á negociación colectiva. Xornada de traballo, permisos e vacacións. Deberes dos empregados públicos; código de conduta.

58. Ordenación da actividade profesional; especial referencia á provisión de postos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

59. Seguridade e hixiene no traballo. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevencións de riscos laborais. Dereitos e obrigas da Administración e dos empregados públicos. Servizos de prevención de riscos. Participacións dos empregados públicos.

60. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: concepto e natureza. Contido. Estrutura. Elaboración. Aprobación. Modificacións orzamentarias.

61. O procedemento de execución orzamentaria: fases. O control orzamentario: clases. O Consello de Contas.

62. A Unión Europea. Os tratados orixinarios e de modificación. As fontes do dereito europeo; a integración do dereito europeo en España.

63. As institucións da Unión Europea: o Parlamento, o Consello Europeo, o Consello, a Comisión, o Tribunal de Xustiza, o Tribunal de Contas, o comité económico e social, o Comité das Rexións.

64. A política rexional da Unión Europea. Os fondos estruturais. A cohesión económica e social.

• Parte específica.

– Opción xurídica:

1. Dereito urbanístico: evolución histórica da lexislación urbanística en España. Evolución da lexislación galega sobre urbanismo e ordenación do territorio. Principios básicos do ordenamento urbanístico vixente.

2. A organización administrativa do urbanismo: o urbanismo como función pública. Competencias da Administración do Estado. Competencias da Administración autonómica. Competencias da Administración local; en particular as de carácter municipal.

3. Lexislación estatal de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns.

4. Lexislación estatal de solo: bases do réxime do solo.

5. Lexislación estatal de solo: expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.

6. A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: obxectivos e principios xerais.

7. As clases e categorías de solo na lexislación urbanística. A definición de soar.

8. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

9. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

10. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

11. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade.

12. Plan xeral de ordenación municipal: documentación e determinacións.

13. Planeamento de desenvolvemento. Plans de sectorización e plans parciais: documentación e determinacións.

14. Plans especiais. Estudos de detalle.Catálogos.

15. Técnicas para a repartición equitativa de cargas e beneficios: áreas de repartición, aproveitamento tipo e polígonos.

16. Formulación, tramitación e aprobación do planeamento.

17. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa.

18. A execución do planeamento. Sistemas de actuación. Regras xerais da equidistribución. As actuacións illadas.

19. Sistemas de cooperación, expropiación, compensación e concerto e de concesión de obra urbanizadora.

20. Obtención de sistemas xerais e dotacións públicas.

21. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Especial referencia ao patrimonio público de solo.

22. Os deberes de edificar e rehabilitar.

23. O deber de conservación. A declaración de ruína. As ordes de execución.

24. Os convenios urbanísticos.

25. As licenzas urbanísticas: finalidade, natureza xurídica e actos suxeitos e exentos.

26. Procedemento de outorgamento das licenzas urbanísticas. Os efectos do silencio. Extinción.

27. Parcelacións urbanísticas. Divisións. Segregacións.

28. A inspección urbanística. O plan de inspección.

29. A protección da legalidade urbanística. Actos de edificación e uso do solo sen licenza.

30. Suspensión, revisión e impugnación de licenzas.

31. Infraccións urbanísticas e sancións.

32. Os delitos urbanísticos. O principio de non bis in ídem.

33. Réxime xurídico das construcións e edificacións existentes en solo rústico e solo de núcleo rural á entrada en vigor da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

34. Os órganos urbanísticos da Comunidade Autónoma. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

35. Lei de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

36. Lei 10 /1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

37. Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

38. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Os bens de dominio público marítimo terrestre e a súa protección. As servidumes.

39. A utilización do dominio público marítimo-terrestre. Concesións e autorizacións.

40. Infraccións e sancións en materia de costas. Procedemento sancionador en materia de costas.

41. O urbanismo e o Rexistro da Propiedade. Actos e títulos inscritibles. Aspectos rexistrais da execución do planeamento. Inscricións de obra nova. Reflexo rexistral dos procesos xudiciais en materia de urbanismo. A anotación preventiva. O asento de cancelación.

– Opción técnica:

1. Lexislación estatal de solo: principios. As condicións básicas da igualdade nos dereitos e deberes constitucionais dos cidadáns.

2. Lexislación estatal de solo: bases do réxime do solo.

3. Réxime de valoracións de solo.

4. Lexislación estatal básica:expropiación forzosa e responsabilidade patrimonial.

5. A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia: obxectivos e principios xerais.

6. As clases e categorías de solo na lexislación urbanística. A definición de soar.

7. Réxime xurídico do solo urbano e do solo urbanizable. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

8. Réxime xurídico do solo de núcleo rural. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

9. Réxime xurídico do solo rústico. Réxime de aplicación aos municipios con planeamento non adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

10. Os instrumentos de ordenación urbanística: clases e obxectivos. Disposicións xerais sobre o planeamento: sustentabilidade e calidade.

11. Plan xeral de ordenación municipal: documentación e determinacións.

12. Planeamento de desenvolvemento. Plans de sectorización e plans parciais: documentación e determinacións.

13. Plans especiais. Estudos de detalle. Catálogos.

14. Técnicas para a repartición equitativa de cargas e beneficios: áreas de repartición, aproveitamento tipo e polígonos.

15. Formulación, tramitación e aprobación do planeamento.

16. Publicidade, vixencia e efectos da aprobación dos plans. Revisión, modificación e suspensión. As normas de aplicación directa.

17. A execución do planeamento. Sistemas de actuación. Regras xerais da equidistribución. As actuacións illadas.

18. Obtención de sistemas xerais e dotacións públicas.

19. Instrumentos de intervención no mercado do solo. Especial referencia ao patrimonio público de solo.

20. Os deberes de edificar e rehabilitar.

21. O deber de conservación. A declaración de ruína. As ordes de execución.

22. As licenzas urbanísticas: finalidade, natureza xurídica e actos suxeitos e exentos.

23. Procedemento de outorgamento das licenzas urbanísticas. Os efectos do silencio. Extinción.

24. Parcelacións urbanísticas. Divisións. Segregacións.

25. A inspección urbanística. O plan de inspección.

26. A protección da legalidade urbanística. Actos de edificación e uso do solo sen licenza.

27. Infraccións urbanísticas e sancións.

28. Os órganos urbanísticos da Comunidade Autónoma. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

29. Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

30. Lei 10 /1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

31. Os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

32. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas. Os bens de dominio público marítimo-terrestre e a súa protección. As servidumes.

33. A utilización do dominio público marítimo-terrestre. Concesións e autorizacións.

34. Infraccións e sancións en materia de costas. Procedemento sancionador en materia de costas.

35. O Código técnico da edificación. Disposicións xerais. Condicións técnicas e administrativas.

36. Exixencias básicas de seguridade estrutural, en caso de incendios, de utilización, de salubridade. Exixencias básicas de aforro enerxético.

37. A Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación. Exixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías.

38. O proxecto de edificación. Disposicións sobre redacción de proxectos e dirección de obras. O libro de ordes e visitas. O certificado final de obras. Responsabilidade profesional do arquitecto. Intervencións dos colexios profesionais de arquitectos. O visado colexial.

39. Medición e valoración de construcións: criterios de medición das unidades de obra; prezos unitarios auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas.

40. Normativa sobre condicións mínimas de habitabilidade das vivendas. A súa tramitación.

41. A Lei 8/1997, do 20 de agosto, sobre condicións de accesibilidade e supresión de barreiras. O Regulamento para o seu desenvolvemento e execución (Decreto 35/2000, do 20 de xaneiro).

ANEXO II

Don/Dona ...., con domicilio en ..., con DNI/pasaporte..., declara baixo xuramento ou promete, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1 , escala de inspección urbanística, que non se atopa inhabilitado/a ou en situación equivalente nin foi sometido/a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ..., nos mesmos termos , o acceso ao emprego público.

En (país e localidade) ...,...de...201...