Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28080

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013.

A Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, é a norma estatal que instaura o marco xurídico común para implementar unha política de desenvolvemento rural propia, adaptada ás particulares condicións económicas, sociais e ambientais do medio rural español, con tres enfoques característicos: territorial ou zonal, horizontal ou integrado e participativo. A dita lei establece como obxectivos a mellora da situación socioeconómica e a calidade de vida das poboacións das zonas rurais no marco do respecto ambiental e o uso sustentable dos recursos naturais.

O Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, constitúe o instrumento de planificación plurianual en que se concretan as medidas de desenvolvemento rural, os procedementos e os medios para levalas a cabo; as actuacións implementaranse a través dos plans de zona que elaborará a Administración autonómica para cada unha das zonas rurais previamente delimitadas e cualificadas. O Real decreto 752/2010 establece, no punto 1.22.-CA.1, a posibilidade de subvencionar o asesoramento e a tutela de novas iniciativas empresariais e de empresas de economía social.

No acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de marzo de 2010 adoptáronse diferentes medidas relacionadas coa aplicación en Galicia da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural. Neste acordo aprobouse, de conformidade co establecido no artigo 10 desta norma, a delimitación e clasificación de zonas rurais do territorio galego para efectos de aplicar o Programa de desenvolvemento rural sustentable (PDRS) 2010-2014 e elaborar os plans de zona rural.

A Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, determina que os montes privados deben ser xestionados polos seus titulares, ben que estes poderán contratar a súa xestión con persoas físicas ou xurídicas de dereito público ou privado, pero tamén implica as administracións públicas e ínstaas tanto a establecer medidas de fomento da xestión sustentable dos montes como a fomentar as agrupacións de montes privados, para facilitar unha ordenación e xestión forestal integrada que asocie persoas propietarias.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, establece no seu artigo 121.2 que serán obxecto prioritario de fomento as sociedades de fomento forestal. O artigo 121.1 establece que as medidas de fomento que adopte a Administración forestal priorizaranse para, entre outros criterios, reordenar e promover a xestión conxunta da propiedade particular forestal.

O Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro, determina no capítulo IV o marco base dos incentivos e axudas que poderán ser aplicables ás sociedades de fomento forestal.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o establecido no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar sistemas de xestión conxunta dos aproveitamentos forestais, incluídos os aproveitamentos e a comercialización das producións forestais dirixidos á mellor ordenación e xestión dos montes galegos.

b) Acadar unha rendibilidade das propiedades forestais das persoas silvicultoras.

c) Posibilitar unha axeitada xestión sustentable das superficies forestais de propiedade privada, e acadar superficies suficientes de xestión conxunta e que se apliquen instrumentos de xestión forestal.

d) Reducir o nivel de abandono do monte galego e diminuír o risco de incendios forestais.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ten por obxecto regular o réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes dela, así como ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

O Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, regula no seu artigo 59 as convocatorias abertas con resolucións de axudas sucesivas.

Esta orde ampárase no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5 do 28.12.2006).

En consecuencia, de conformidade co artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O Decreto 45/2011, do 10 de marzo, regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal (Sofor) e a creación do seu rexistro. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) mediante convocatoria aberta en réxime de concorrencia competitiva.

2. Establécense dúas liñas de axuda:

a. Para constituír as sociedades de fomento forestal (Sofor).

b. Para iniciar actividade das sociedades de fomento forestal con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor). Este rexistro está xestionado pola Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

3. O disposto nesta orde será aplicable para as zonas rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia establecidas no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural indicadas no anexo IV.

4. Estas axudas ampáranse no establecido no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L 379/5 do 28.12.2006).

CAPÍTULO I
Bases reguladoras das axudas para constituír
e iniciar a actividade de Sofor

Artigo 2. Liñas obxecto de axuda

Establécense dúas liñas de axuda:

a) Liña 1 de axudas para constituír Sofor.

b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor.

Artigo 3. Solicitantes e beneficiarios

1. Solicitantes das liñas de axudas:

a) Liña 1 de axudas para constituír sociedades de fomento forestal (Sofor).

Poderán solicitar as axudas para constituír Sofor que se regula no artigo 4 desta orde:

a.1) As agrupacións de persoas propietarias forestais constituídas formalmente e inscritas no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia,

a.2) Outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lle sexa de aplicación.

a.3) As Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, sempre e cando non obtivesen subvención para a súa inscrición previa.

b) Liña 2 de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no Rexistro de Sofor (RSofor)

Poderán solicitar as axudas para iniciar da actividade de Sofor que se expón no artigo 5 desta orde as Sofor con inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal (RSofor).

Os mesmos terreos non poderán presentarse en máis dunha solicitude, o que será motivo de inadmisión de todas as solicitudes que se presenten sobre terreos coincidentes.

2. Independentemente do solicitante, o beneficiario final das axudas, tanto para liña 1 como para a liña 2 que se expoñen nos artigos 4 e 7 desta orde, será a sociedade de fomento forestal (Sofor) inscrita no RSofor. Para obter a condición de beneficiario, deberanse cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Conceptos subvencionables da liña de axudas para constituír Sofor

Os conceptos subvencionables para constituír unha Sofor e inscribila no RSofor son os seguintes:

a) O custo de investigación da propiedade e clasificación dos terreos en que se aplique un sistema acreditado e obxectivo de valoración dos dereitos de aproveitamento forestal. Este concepto non será subvencionable no caso das Sofor que inclúan terreos en proceso de concentración parcelaria ou que xa se atopen concentrados.

b) Os gastos notariais de constitución da Sofor.

c) O cartel informativo (modelo anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.

O IVE non é subvencionable.

No caso de que se solicite e conceda axuda para inscrición previa, non poderá solicitarse a axuda para a súa inscrición definitiva.

Artigo 5. Importes de subvención da liña de axudas para constituír Sofor

Os importes de subvención da liña de axudas para constituír Sofor son os seguintes:

a) Axudas para o custo de investigación e clasificación.

Para calcular a aprobación do importe da subvención ao custo de investigación e clasificación, así como para os efectos de xustificar o pagamento, empregarase a seguinte fórmula:

P= importe do investimento en euros.

K= 0,2 para a inscrición previa no RSofor.

K= 0,3 para a inscrición definitiva no RSofor.

S= superficie en hectáreas da Sofor que se pretende constituír.

P1= número de parcelas da Sofor.

P2= número de propietarios da Sofor.

P = 79,62 K (98 + S/12 +P1/12 + 2,5 P2)

O importe máximo subvencionable para o custo de investigación e clasificación será de 30.000 €.

b) Axudas para os gastos notariais de constitución da Sofor. O importe máximo subvencionable non poderá superar os 7.000 €.

c) Axuda para adquirir e colocar o cartel informativo O importe máximo subvencionable (máximo dun por solicitude) será de 255,00 €.

Artigo 6. Porcentaxes de financiamento da liña de axudas para constituír Sofor

As porcentaxes de financiamento da liña de axudas para constituír Sofor son as seguintes:

Porcentaxe de subvención (%)

Liña 1

Custos de
investigación e
clasificación

Gastos
notariais de
constitución de Sofor

Superficies que, aomenos, teñan o 25 % da súa superficie na zona de erradicación de 1,5 km de raio establecida na Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

90

100

Zonas desfavorecidas (anexo XI).

75

100

Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII).

75

100

En masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño de 2012, de montes de Galicia.

75

100

O resto.

60

100

O cartel informativo subvencionarase ao 100 %.

Artigo 7. Conceptos subvencionables da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor

Os conceptos subvencionables para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor son os seguintes:

a) Os gastos notariais e rexistrais necesarios para realizar a concentración privada das propiedades forestais integradas na Sofor.

b) Os custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns.

c) Os custos de execución de infraestruturas comúns.

d) Os custos de redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.

e) O cartel informativo (modelo anexo X) que están obrigadas a colocar nun lugar visible nos terreos obxecto da subvención.

Durante o período da convocatoria non se concederá máis dunha subvención por cada un dos conceptos descritos nas epígrafes a) á d).

O IVE non é subvencionable.

Artigo 8. Importes de subvención da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor

Os importes de subvención da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor son os seguintes:

a) Axudas para os gastos notariais e rexistrais necesarios para realizar a concentración privada das propiedades forestais integradas na Sofor.

O importe máximo subvencionable non poderá superar 10.000 €.

b) Axudas para os custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns.

A axuda calcularase sobre o custo real do investimento determinado nun proxecto técnico. O custo de redacción non superará o 4 % do orzamento de execución material do proxecto que se redacte.

O importe máximo subvencionable non poderá superar os 5.000 €.

c) Axudas para os custos de execución de infraestruturas comúns.

O valor máximo subvencionable dos investimentos en infraestruturas comúns será de :

• 7,58 € por m de peche gandeiro perimetral ou interior.

• 7.997,96 € por km de apertura de pista forestal.

• 2.956,07 € por km de arranxo de pista forestal.

• 364,00 € por ha de faixa auxiliar para a defensa contra incendios na marxe de pista forestal.

• 616,30 € por ha para devasas de defensa contra incendios.

• 6.103,61 € por un depósito de auga.

• 635,90 € por cada cargadoiro de madeira e subprodutos forestais anexo a pistas forestais.

Na solicitude poderase solicitar unha ou varias infraestruturas comúns.

A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Euros por ha da sociedade de fomento forestal

Peche

280,00

Apertura de pistas forestais

320,00

Arranxo de pistas forestais

120,00

A axuda calcularase sobre o custo real do investimento determinado nun proxecto técnico, unha vez aplicados os topes establecidos.

O investimento máximo subvencionable non poderá superar os 50.000 €.

d) Axudas para os custos de redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.

Para calcular a aprobación do importe da subvención, así como para os efectos de xustificar o pagamento, empregaranse as seguintes tarifas do anexo IX:

e) Axuda para adquirir e colocar nos terreos obxecto da subvención o cartel informativo.

O importe máximo subvencionable (máximo dun por solicitude) será de 255,00 €.

Artigo 9. Porcentaxes de financiamento da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor

Os porcentaxes de financiamento da liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor son as seguintes:

Porcentaxe de subvención (%)

Liña 2

Gastos notariais e rexistrais da
concentración privada

Redacción do proxecto de obras e
infraestruturas comúns

Execución de infraestruturas
comúns

Redacción do instrumento de ordenación e xestión forestal.

Superficies que, aomenos, teñan o 25 % da súa superficie na zona de erradicación de 1,5 km de raio establecida na Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.

100

100

70

100

Zonas desfavorecidas (anexo XI)

100

100

70

100

Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII)

100

100

70

100

En masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño de 2012, de montes de Galicia

100

100

70

100

O resto

100

75

60

75

O cartel informativo subvencionarase ao 100 %.

Artigo 10. Condicións técnicas dos investimentos

1. No tocante á liña de axudas para iniciar a actividade das sociedades con inscrición definitiva no RSofor:

a) Nas subvencións dos gastos necesarios para a concentración privada as actuacións referiranse a perímetros de concentración nos cales aomenos o 70 % da superficie que se vai concentrar sexa titularidade da Sofor ou dos seus socios.

b) Nas subvencións aos custos de redacción de proxecto de obras e infraestruturas comúns é preciso que o proxecto estea redactado por persoal técnico competente en materia forestal, segundo a definición do artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. O proxecto redactarase tendo en conta as limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos que se describirán no parágrafo de custos de execución de infraestruturas comúns. As áreas de defensa contra os incendios forestais proxectaranse no interior dos terreos da Sofor. O resto dos traballos poderán proxectarse nos terreos da Sofor ou na proximidade a eses terreos, logo de xustificación técnica da necesidade de execución e logo dun informe preceptivo e favorable da Administración forestal. No caso de traballos fóra dos terreos da Sofor, deberase presentar a autorización dos titulares dos terreos afectados no momento da solicitude de subvención. Os proxectos de obras deberán comprender, aomenos:

1º. Unha memoria en que se describa o obxecto das obras, que recollerá os antecedentes e situación previa ás obras, as necesidades que se tentan satisfacer e a xustificación da solución adoptada, detallándose todos os factores que se deben ter en conta.

2º. Os planos de conxunto e de detalle necesarios para definir a obra, así como os que delimiten a ocupación de terreos e a restitución de servidumes e demais dereitos reais e servizos afectados pola súa execución.

3º. O prego de prescricións técnicas particulares, no cal se describirán as obras e se regulará a súa execución, con expresión da forma en que esta se levará a cabo, as obrigas técnicas que correspondan ao contratista e a maneira en que se medirán as unidades executadas e se controlará a calidade dos materiais e o proceso de execución.

4º. Un orzamento, integrado ou non por varios parciais, en que se expresen os prezos unitarios e os desagregados, estado de medicións e os detalles precisos para a súa valoración.

5º. Un programa de desenvolvemento dos traballos ou plan de obra de carácter indicativo, con previsión, se é o caso, do tempo e custo.

6º. As referencias de todo tipo en que se fundamentará a implantación da obra.

7º. O estudo de seguranza e saúde ou, se é o caso, o estudo básico de seguranza e saúde, nos termos previstos nas normas de seguranza e saúde nas obras.

8º. Canta documentación veña prevista en normas legais ou regulamentarias.

c) No caso de subvencións dos custos de execución de infraestruturas comúns, das devasas para a defensa contra os incendios forestais e das faixas auxiliares, executaranse no interior dos terreos da Sofor. O resto dos traballos poderán realizarse nos terreos da Sofor ou na proximidade a eses terreos, logo de xustificación técnica da necesidade de execución e logo dun informe preceptivo e favorable da Administración forestal. No caso de traballos fóra dos terreos da Sofor, deberase presentar a autorización dos titulares dos terreos afectados no momento da solicitude de subvención.

Establécense as seguintes limitacións e condicións técnicas mínimas dos traballos:

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Peche gandeiro perimetral ou interior

• Peche de postes de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e de 2 m de altura, colocados cada 5 m e con malla cinexética.

– Precisa unha xustificación técnica da súa necesidade.

Faixa auxiliar para a defensa contra incendios na marxe de pista forestal.

• Obrigatoria, agás xustificación técnica.

• Terán unha franxa de aomenos 2 metros de largo a cada lado da pista forestal nas cales se realizará unha roza a feito.

• Procurarase integrar noutras existentes.

– Precisarase informe favorable de viabilidade emitido polo servizo provincial de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Devasas de defensa contra incendios.

• Obrigatoria, agás xustificación técnica.

• Terán un largo mínimo de 10 m.

• Terán unha franxa central de 5 metros con decapaxe ata o solo mineral e dúas franxas laterais de polo menos 2,5 metros de largo nas cales se realizará unha roza a feito.

• Procurarase integrar noutras existentes.

• Practicaranse cortas transversais, cunha pendente lonxitudinal do 2 % e distanciadas 50 m a partir das pendentes daquelas superiores ao 20 %.

– Precisarase informe favorable de viabilidade emitido polo servizo provincial de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Apertura de pista

• Non se superará a densidade de 40 m lineais de pista/ha.

• Nas áreas de montaña a densidade non poderá superar os 20 m lineais de pista/ha.

• Adaptaranse no seu trazado ao contorno natural do terreo.

• A largura da caixa, incluídos foxos e plataforma, terá entre 3-5 m e dotarase dos pasos de auga e foxos necesarios.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

• Dotaranse as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Eliminarase o cordón que se podería formar na parte exterior da pista ao abrir a caixa.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

- Precisarase informe favorable de viabilidade emitido polo servizo provincial de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Mellora de pista

• Só se realizará sobre as pistas que conten cunha largura de caixa, incluídos foxos e plataforma, maior de 3 m.

Non se superará a densidade de 40 m lineais de pista/ha.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

• Dotarase as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

– Precisarase informe favorable de viabilidade emitido polo servizo provincial de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Depósito de auga

• Subvencionarase un punto de auga para expedientes con Sofor de menos de 500 ha e un máximo de dous puntos de auga para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha.

-– Ud. de depósito de auga para abastecemento ou traballos forestais, cunhas dimensións mínimas de 5 m de lonxitude por 4 m de largura e 2,5 m de altura (volume útil 40 m3), formado por soleira de formigón armado con mallazo electrosoldado de 150×150 mm de 12 mm de diámetro, sobre unha camada de 10 cm de formigón en masa HM-10/P/40 para limpeza. Alicerces de 0,50×0,80 m, recheos de formigón HA-25/P/20 I armado con 35 kg/m3 de aceiro corrugado. Muros de formigón de 30 cm de espesor, armados con aceiro corrugado na contía de 40 kg/m3.

– Precisarase informe favorable de viabilidade emitido polo Servizo provincial de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais.

Construción de cargadoiros de madeira e subprodutos forestais

• Subvencionarase como máximo un cargadoiro por cada 75 ha de superficie da Sofor.

– Ud. de cargadoiro de madeira ou subprodutos forestais anexo a pistas forestais cunha superficie de 200 m2.

– O cargadoiro dotarase dun foxo perimetral agás a zona anexa á pista cunha sección de 0,5 m2.

– A explanación terá un piso de balastro artificial de 20 cm de espesor.

– A pendente máxima da explanación será do 5 %.

Instrumento de ordenación e xestión forestal

A estrutura e contido mínimo dos instrumentos de ordenación e xestión forestal axustarase ás instrucións xerais de ordenación de montes de Galicia, de acordo coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e co seu desenvolvemento regulamentario.

Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo X.

d) No caso de subvencións aos custos de redacción de instrumentos de ordenación e xestión forestal, estes deberán cumprir os requisitos establecidos na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e nas instrucións xerais de ordenación de montes. Para que se proceda ao pagamento final o monte deberá ser inscrito no Rexistro de Montes Ordenados.

2. O solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en concreto o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos.

3. O solicitante fará constar na solicitude se a superficie de actuación comprende calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

Nestes casos, solicitarase de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao órgano competente por razón da materia. No caso de que o dito informe sexa desfavorable, non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun instrumento de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente.

Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.

4. No caso de montes xestionados pola Xunta de Galicia con base en consorcios ou convenios, a aprobación de subvención está condicionada á previa rescisión do consorcio ou convenio ou ben á sinatura dun novo contrato temporal de xestión pública de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

5. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse das presentes axudas.

Artigo 11. Principios de xestión da subvención

1. A concesión de axudas axustarase aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade segundo o artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A dispoñibilidade orzamentaria limitará o número de expedientes que se aprobarán.

3. Establécese un baremo de puntuación para seleccionar os importes económicos que se aprobarán. Para iso, ordenarase cada un dos importes económicos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a seguir. Concederanse as axudas ordenadas ata esgotar a contía económica asignada a cada convocatoria.

4. En caso de empate na puntuación de corte e de que non haxa dotación orzamentaria suficiente para conceder a subvención a todos os solicitantes coa mesma puntuación, priorizarase por maior superficie de actuación e, de persistir o empate, ordenaranse estes segundo as 4 últimas cifras do NIF da entidade solicitante, de maior a menor.

5. As solicitudes para as cales non exista dotación orzamentaria suficiente nun procedemento pasarán a formar parte da priorización do seguinte proceso de selección.

Artigo 12. Baremo de priorización da liña 1 axudas para constituír Sofor

1. Segundo a tipoloxía de Sofor que se indique na solicitude:

a) Plantacións forestais de froito: 3 puntos por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 2 puntos por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 1 punto por hectárea da Sofor que se pretende constituír.

d) 20 puntos se a clase forestal da Sofor posúe máis do 75 % do capital social da sociedade.

e) 40 puntos (non acumulables ao punto anterior) se a clase forestal da Sofor posúe máis do 90 % do capital social da sociedade.

2. Segundo as características do solicitante:

a) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas propietarias de terreos forestais que solicitan a subvención para constituír a Sofor son mulleres.

b) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas propietarias de terreos forestais que solicitan a subvención para a constituír a Sofor son mulleres.

c) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

d) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

e) Outorgaranse 50 puntos a Sociedades de Fomento Forestal situadas en concellos desfavorecidos (anexo XI)

f) Outorgaranse 50 puntos a Sofor localizadas en concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII)

g) Outorgaranse 50 puntos á Sofor con masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

h) Outorgaranse 50 puntos á Sofor se o terreo conta cun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola administración.

Artigo 13. Baremo de priorización da liña 2 «inicio de actividade de Sofor con inscrición definitiva»

Elaborarase un baremo para cada un dos catro seguintes conceptos subvencionables: concentración privada, redacción de proxectos de obras e infraestruturas comúns, custos de execución de infraestruturas comúns e redacción do instrumento de planificación da xestión forestal. No baremo teranse en conta as seguintes puntuacións:

1. Segundo a tipoloxía de Sofor:

a) Plantacións forestais de froito: 3 puntos por hectárea da Sofor.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 2 puntos por hectárea da Sofor.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 1 punto por hectárea da Sofor.

d) 20 puntos se a clase forestal da Sofor posúe máis do 75 % do capital social da sociedade.

e) 40 puntos (non acumulables ao punto anterior) se a clase forestal da Sofor posúe máis do 90 % do capital social da sociedade.

2. Segundo as características do solicitante:

a) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas propietarias de terreos forestais socios da Sofor son mulleres.

b) Outorgaranse 50 puntos (non acumulables aos anteriores) se máis do 40 % das persoas propietarias de terreos forestais socios da Sofor son mulleres.

c) Outorgaranse 20 puntos se entre o 20 e o 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

d) Outorgaranse 30 puntos (non acumulables ao punto anterior) se máis do 40 % das persoas conselleiras do consello de administración da Sofor son mulleres.

e) Outorgaranse 50 puntos a Sofor situadas en concellos desfavorecidos (anexo XI).

f) Outorgaranse 50 puntos a Sofor localizadas en concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal que define a Orde do 22 de marzo de 2012 pola que se establecen medidas sobre a sanidade vexetal nunha área demarcada polo organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (anexo XII).

g) Outorgaranse 50 puntos a Sofor con masas consolidadas de frondosas autóctonas, especificadas no artigo 93 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

h) Outorgaranse 50 puntos a Sofor se o terreo conta cun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola administración.

i) Por cada 10.000 € subvencionados para actividades da mesma alínea en anos anteriores, restaranse 20 puntos.

Artigo 14. Superficie mínima para a liña 1 de constitución das Sofor

1. As solicitudes deberán formularse por unha superficie mínima que, atendendo á tipoloxía de Sofor, será de:

a) Plantacións forestais de froito: 15 hectáreas.

b) Plantacións de frondosas caducifolias ou masas preexistentes de frondosas autóctonas: 25 hectáreas.

c) Outras plantacións ou aproveitamentos forestais: 50 hectáreas.

2. No momento da solicitude a entidade solicitante deberá acreditar a titularidade do 25 % das superficies citadas.

3. Para delimitar a superficie forestal xestionada, terase en conta o establecido no artigo 5 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e a cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

Artigo 15. Convocatoria aberta

1. Realizaranse varios procedementos de selección sucesivos e diferentes ao longo de cada exercicio orzamentario no cal participarán as solicitudes que estean completas. O prazo de presentación de solicitudes e de asignación orzamentaria quedarán reflectidos na correspondente convocatoria.

2. A contía económica asignada a cada procedemento indicarase na correspondente convocatoria.

3. En cada procedemento de selección, se unha vez priorizadas as solicitudes da liña 1 (axudas para constituír Sofor) e do apartado primeiro da liña 2 (gastos notariais e rexistrais para a concentración privada) non se esgotase o crédito asignado a un destes grupos, poderase engadir o crédito sobrante ao outro grupo.

4. Os créditos asignados a un procedemento de selección e non comprometidos após a súa resolución poderán acumularse aos créditos asignados ao procedemento de selección seguinte da correspondente convocatoria.

5. Poderán incrementarse os créditos asignados á convocatoria, en calquera dos seus procedementos de selección, como consecuencia de xeracións, incorporacións ou ampliacións das partidas orzamentarias que a financien, sempre que fosen aprobadas antes da resolución de concesións; neste caso, a efectividade da contía adicional estará condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito mediante resolución do órgano que aprobou a convocatoria. A declaración de créditos dispoñibles publicarase no DOG.

Artigo 16. Solicitudes e documentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. Os interesados deberán presentar a seguinte documentación dirixida á Consellería do Medio Rural e do Mar-xefatura territorial da provincia correspondente:

• Documentación xeral:

a) Solicitude, asinada polo representante legal ou persoa acreditada, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. Neste modelo de solicitude inclúese unha declaración responsable, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, en que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude son certos. Neste caso, con anterioridade á proposta de resolución da concesión da subvención requirirase a presentación da documentación que acredite a realidade dos datos contidos na declaración nun prazo de 15 días.

b) Copia do NIF da entidade solicitante.

c) A solicitude de axudas comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia.

d) Anexo V, declaración do solicitante da axuda do conxunto de todas as solicitudes percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes. Tamén inclúe o anexo V a declaración expresa doutras axudas sometidas ao réxime de minimis.

e) Para cada investimento igual ou superior a 18.000 euros sen IVE deberase achegar contrato, factura pro forma ou similar de 3 provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren. No caso de obra civil, deberase presentar esta documentación para cada investimento igual ou superior a 50.000 euros sen IVE. O investimento subvencionable elixirase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis económica.

• Documentación específica:

– Liña 1 para crear Sofor:

a) Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da Sofor que se vai constituír.

b) Proxecto de estatutos da Sofor.

c) Para agrupacións formalmente constituídas de persoas propietarias forestais: NIF e documento acreditativo de constitución da agrupación onde consten as persoas e as propiedades que forman parte da dita sociedade ou agrupación e copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acordo de cesión segundo o anexo II desta orde e acreditación da persoa física que as representa. A Administración comprobará, de oficio, a súa inscrición no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia.

d) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución, acreditación da persoa física que as representa e documento de compromiso dos membros das entidades xurídicas de dereito privado segundo o anexo III.

– Liña 2 para iniciar a actividade da Sofor:

a) Memoria asinada detallada do contido que se vai desenvolver.

b) Para a subvención dos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns e dos custos de execución de infraestruturas comúns, presentarase :

– Un plano asinado por persoal técnico competente en materia forestal, de acordo co establecido na definición 24 do artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, coa localización das infraestruturas que se pretende executar.

– O nomeamento do director da obra no caso dos custos de execución de infraestruturas.

Deberase acreditar a competencia en materia forestal mediante a presentación do título universitario oficial.

5. Para os interesados que presentasen unha solicitude en convocatorias anteriores para o mesmo concepto, e esta non fose aprobada ou non admitida a trámite, será suficiente coa presentación dun novo impreso de solicitude. Non obstante, no caso que se tivese producido algún cambio, deberá achegar a documentación acreditativa deste.

6. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

Artigo 17. Tramitación e concesión de axudas

1. A tramitación corresponde á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Presentada a solicitude, revisarase e, no caso de que conteña defectos ou omisións, concederase un prazo de dez días hábiles para a súa emenda, coa indicación de que, se non se fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999. A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, á cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellar, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

2. Todos os expedientes presentados polo mesmo solicitante serán considerados como un só para efectos de tramitación.

3. Un órgano colexiado composto polo subdirector/a xeral de Recursos Forestais, o/a xefe/a do Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais e o/a xefe/a do Servizo de Fomento Forestal valorará as solicitudes de axuda seguindo os criterios marcados nos artigos 11 a 13, e formulará unha proposta de concesión ao secretario xeral do Medio Rural e Montes, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A conselleira do Medio Rural e do Mar ou, se é o caso, a persoa en que estea delegada esta función resolverá os expedientes.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. De conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, a notificación poderá realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería do Medio Rural. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, de ser o caso, a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

5. O prazo máximo para resolver e notificar as resolucións é de 5 meses. Unha vez transcorrido este prazo, as solicitudes que non tivesen unha comunicación de aprobación de axuda, poderán entenderse desestimadas segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, común, sen prexuízo da obriga legal de que a Administración resolva.

6. Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes se o acto for expreso. Se non o for, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcorridos os ditos prazos, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo sen perxuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

Artigo 18. Documentación xeral que se presentará para a solicitude de cobramento

1. Para recibir o pagamento, os interesados deberán presentar a seguinte documentación xeral dirixida á Consellería do Medio Rural e do Mar-Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes:

a) Solicitude de pagamento da subvención en que se indique a relación ordenada dos investimentos e os pagamentos efectuados (anexo VI).

c) Facturas orixinais que se marcarán cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención

d) Xustificante do pagamento: copias cotexadas dos documentos bancarios de pagamento. Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, obriga de pagamento, letra de cambio etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto etc.) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

d) Declaración do beneficiario sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo V.

Artigo 19. Documentación específica a presentar para a solicitude de cobro da liña 1 de axudas para a constitución de Sofor

1. Para o cobramento da liña 1 de axudas para constitución de Sofor presentaranse os seguintes documentos específicos:

a) Solicitude de cambio de titular a sociedade de fomento forestal segundo o anexo VII, agás no caso que o solicitante fora unha Sofor con inscrición previa (artigo 3.1.a.3) desta orde).

b) NIF da Sofor.

c) Escrituras de constitución da Sofor.

Artigo 20. Documentación específica a presentar para a solicitude de cobramento da liña 2 de axudas para a constitución de Sofor

1. Para o cobramento da liña 2 de axudas ao inicio da actividade das Sofor con inscrición definitiva presentaranse os seguintes documentos específicos:

a) No caso de subvención a concentración privada, a aprobación da concentración privada.

b) No caso de subvención aos custos de redacción do proxecto de obras e infraestruturas comúns, un exemplar do proxecto redactado, en formato papel e dixital.

c) No caso de subvención aos custos de execución de infraestruturas comúns, a notificación de remate dos traballos (anexo VIII) xunto coa seguinte documentación:

c.1) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

c.2) Arquivo gráfico (medición con GPS) coa superficie afectada polos traballos obxecto desta axuda.

c.3) Certificado final de obra emitido pola persoa directora da obra, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

d) No caso de redacción do instrumento de ordenación e de xestión forestal: o certificado do encargado do Rexistro de Montes Ordenados da inscrición do monte. A dita inscrición deberá ter data posterior á concesión da subvención desta orde.

Artigo 21. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación dos investimentos subvencionados concretarase en cada unha das convocatorias.

Artigo 22. Procedemento de pagamento e comprobación

1. Unha vez presentada a solicitude de pagamento, comprobarase:

– A xustificación presentada polo beneficiario,

– A execución dos investimentos subvencionados,

– O cumprimento dos demais requisitos fixados na normativa reguladora da subvención.

A cantidade do pagamento da subvención será o resultado de aplicar a porcentaxe de subvención sobre o custo final da actividade efectivamente xustificada.

2. Para todos os conceptos subvencionados, agás para os gastos notariais e rexistrais, recalcularase a fórmula do artigo 5 conforme os datos finais de execución. A seguir, compararase esta cifra coa axuda concedida. Se esta cantidade é inferior nun 30 % ao importe subvencionable concedido, ocasionará a perda total da axuda.

Tamén se recalculará a puntuación final obtida con base nos criterios de priorización. Se a puntuación resultante se situara por baixo do corte establecido, producirase a perda total da axuda.

O importe do pagamento non poderá superar o importe aprobado.

3. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas na presente orde.

4. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección de comprobación da execución dos investimentos subvencionados, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes emitirá a proposta de pagamento.

Artigo 23. Modificación da resolución

1. Non se admitirán modificacións na concesión de axuda agás no caso de subvencións aos custos de execución de infraestruturas comúns.

2. No caso de subvencións aos custos de execución de infraestruturas comúns, unha vez ditada a resolución de concesión, o beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorreren as circunstancias previstas no número 3 deste artigo e de conformidade co previsto no artigo 14.m) da Lei de subvencións de Galicia. Para modificar a resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a ela.

3. Se o beneficiario precisar modificar o obxecto dos investimentos subvencionados ou o importe dos investimentos para unha mellor xestión forestal, solicitará autorización da Consellería do Medio Rural e do Mar. Para iso, xustificará as razóns do cambio e xuntará a actualización do expediente que conteña as variacións do proxecto orixinal. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda sempre non se danen dereitos de terceiro e que se cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas. A modificación nunca suporá un incremento do importe subvencionado.

4. O prazo para solicitar a modificación da resolución será de ata un mes antes da finalización do prazo de execución que se concretará en cada resolución.

5. A modificación realizarase mediante resolución da conselleira do Medio Rural e do Mar, logo da instrución do expediente de modificación e proposta motivada do secretario xeral de Medio Rural e Montes, aplicando os criterios de selección dos artigos 11 a 13.

Artigo 24. Perda de dereito á axuda e reintegros da axuda

1. O incumprimento das condicións establecidas nesta orde e as indicadas na resolución de concesión de subvención, así como encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

2. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a subvención que se pagará será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

3. Aplicarase unha penalización equivalente ao 20 % da axuda correspondente aos investimentos non xustificados, salvo que o beneficiario comunique a imposibilidade de executar estes investimentos cunha anticipación superior a un mes antes do remate do prazo de execución non prorrogado.

4. No caso de que a diferenza entre o importe xustificado polo beneficiario na solicitude de cobramento sexa maior dun 3 % o importe da comprobación final realizada por dúas persoas funcionarias da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a axuda a percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes e aplicarase unha penalización do 20 % sobre o non executado.

5. Se un beneficiario efectuar deliberadamente unha declaración falsa, o expediente quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído das seguintes axudas durante o período de vixencia do PDRS.

6. En particular, poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención ou ao seu reintegro se se dá algún dos seguintes supostos:

1º. Executar menos do 70 % das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

2º. Incumprir os prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

3º. Modificacións graves das accións previstas, de xeito que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

4º. Incumprir o ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a notificación ao beneficiario da obriga de reembolso e o reembolso efectivo ou a dedución da cantidade que debe reembolsarse, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

7. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán adxudicarse a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

8. Se o importe das subvencións que recibiu o beneficiario excede os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

Artigo 25. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis que considere oportunos para verificar os datos e a documentación presentada, así como o seguimento e control das axudas e o cumprimento dos compromisos adquiridos coa concesión da subvención.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro da Consellería do Medio Rural e do Mar, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

Artigo 26. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 27. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións consideradas na concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 28. Obrigas

1. O beneficiario da axuda está obrigado a facilitar toda a información que a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas lle requira no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O beneficiario está obrigado a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar que se aplican as axudas á finalidade que determinou a súa concesión, que se cumpren os requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e a manter as condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. O beneficiario está obrigado a apuntar na contabilidade da empresa os movementos relativos ás subvencións percibidas, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberá cumprirse o disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

5. O beneficiario está obrigado a manter a actividade de calquera das liñas obxecto da subvención durante un prazo de 15 anos.

Artigo 29. Información e publicidade

Conforme o establecido no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, os beneficiarios destas axudas deberán cumprir a normativa sobre a publicidade do plan de desenvolvemento rural sustentable.

Artigo 30. Comprobacións

1. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

2. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda comprobará que os solicitantes e os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de concesión da axuda, a dita comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

CAPÍTULO II
Convocatoria de axudas na liña para constituír e iniciar a actividade de Sofor

Artigo 31. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2013 as axudas reguladas por esta orde. As solicitudes, documentación, condicións e procedemento de xestión das axudas serás as establecidas con carácter xeral nas bases reguladoras.

Artigo 32. Presentación de solicitudes

1. A tramitación destas axudas realízase mediante convocatoria aberta con dous procedementos de selección sucesivos por anualidade.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2013.

2. As solicitudes que se incluirán en cada un dos procedementos de selección serán as seguintes:

– Primeiro procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes en 31 de agosto de 2013.

– Segundo procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes en 30 de setembro de 2013 que non fosen aprobadas no procedemento anterior.

Artigo 33. Prazo de xustificación

O prazo de xustificación dos custos das actividades subvencionadas finalizará nas seguintes datas:

a) Primeiro procedemento de selección:

A presentación da documentación xustificativa da execución da actividade subvencionada rematará o 31 de outubro de 2013. No caso das axudas á execución de infraestruturas comúns que teñan aprobado parte do investimento para a súa execución no ano 2014, o prazo de rematará o 28 de febreiro de 2014.

b) Segundo procedemento de selección:

A presentación da documentación xustificativa da execución da actividade subvencionada rematará o 30 de novembro de 2013. No caso das axudas á execución de infraestruturas comúns que teñan aprobado parte do investimento para a súa execución no ano 2014, o prazo de rematará o 30 de abril de 2004.

Poderanse conceder prórrogas do prazo establecido para a xustificación da subvención nas anualidades establecidas na resolución de concesión, logo de solicitude razoada realizada cunha anticipación superior a un mes antes da finalización do prazo de xustificación.

Artigo 34. Financiamento

1. Esta convocatoria tramítase ao abeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente para a súa resolución.

2. As axudas financiaranse do seguinte xeito:

a) Axudas da liña 1 (artigo 4) e as do artigo 7 letra «a» da liña 2 desta orde:

– Irán con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.2, código de proxecto 2012 00720: 500.000€ para a anualidade 2013. A distribución deste crédito será de 60 % para a liña 1 e do 40 % para a letra «a» do artigo 7 da liña 2 desta orde.

A contía por procedemento de selección é a seguinte:

– Primeiro procedemento: 250.000 €.

– Segundo procedemento: 250.000 €.

b) Axudas descritas da liña 2, no artigo 7 letras «b», «c» e «d» desta orde:

– Irán con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.3, código de proxecto 2012 00722: , coa distribución de anualidades: 200.000 € para a anualidade 2013 e 800.000 € para a anualidade 2014 .

A contía por procedemento de selección é a seguinte:

– Primeiro procedemento: 400.000 €.

– Segundo procedemento: 600.000 €.

Os créditos asignados a un procedemento e non comprometidos após a súa resolución poderán acumularse aos créditos asignados ao seguinte procedemento.

Poderán incrementarse os créditos asignados á convocatoria, en calquera dos seus procedementos, como consecuencia de xeracións, incorporacións ou ampliacións das partidas orzamentarias que a financien, sempre que fosen aprobadas antes da resolución de concesións; neste caso a efectividade da contía adicional estará condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito mediante resolución do órgano que aprobou a convocatoria. A declaración de créditos dispoñibles publicarase no DOG.

En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias. No suposto de procederse á dita ampliación, terase en conta o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Plan de desenvolvemento rural sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %.

Disposición adicional primeira

As axudas serán compatibles con outras ata un máximo de subvención global do 50 % do custo do investimento.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Igualmente, publicaranse na correspondente páxina web oficial da Consellaría do Medio Rural e do Mar, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Para isto, presentar a solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional terceira

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios, e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición adicional cuarta

No non previsto nesta orde observarase o disposto no Real decreto 752/2010, do 4 de xuño, polo que se aproba o primeiro programa de desenvolvemento rural sustentable para o período 2010-2014 en aplicación da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar as instrucións ou actos de aplicación que estime oportunos para executar esta orde.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV
Cadro de zonas rurais do PDRS coa relación de concellos que as integran

Grupo 1:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Lugo Central

Lugo

Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Incio (O), Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pasatoriza (A), Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade.

As Mariñas

Lugo

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ourol, Pontenova (A), Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Valadouro (O), Vicedo (O), Viveiro e Xove.

Terras de Santiago

A Coruña

Ames, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Brión, Cerceda, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, Padrón, Pino(O), Rois, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

Grupo 2:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Montaña Lucense

Lugo

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Fonsagrada (A), Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Pedrafita do Cebreiro, Pol, Quiroga, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín e Riotorto.

Miño Central

Ourense

Allariz, Amoeiro, Arnoia (A), Avión, Baños de Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, Bola (A), Carballeda de Avia, Carballiño (O), Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos, Gomesende, Irixo (O), Leiro, Maceda, Maside, Melón, Merca (A), Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Padrenda, Pereiro de Aguiar (O), Peroxa (A), Piñor, Pontedeva, Punxín, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Taboadela, Toén, Verea, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Rías Altas e Arco Ártabro

A Coruña

Abegondo, Aranga, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Cambre, Capela (A), Cariño, Carral, Cedeira, Cerdido, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Fene, Irixoa, Laracha (A), Mañón, Miño, Moeche, Monfero, Mugardos, Neda, Ortigueira, Oza dos Ríos, Paderne, Pontedeume, Pontes de García Rodríguez (As), Sada, San Sadurniño, Somozas (As), Valdoviño, Vilamaior e Vilasantar.

Pontevedra leste e Terras do Miño

Pontevedra

Arbo, Campo Lameiro, Cañiza (A), Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Guarda (A), Lama (A), Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Neves (As), Oia, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño (O), Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui.

Pontevedra Norte e Rías Baixas

Pontevedra

Agolada, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, Dozón, Estrada (A), Grove (O), Illa de Arousa (A), Lalín, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Valga, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa.

Grupo 3:

Zona rural

Provincia

Concellos e entidades locais menores

Lugo Sur

Lugo

Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra de Brollón (A), Saviñao (O), Sober e Taboada.

Depresións Ourensás e Terras do Sil

Ourense

Baltar, Bande, Blancos (Os), Calvos de Randín, Castrelo do Val, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Cualedro, Entrimo, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Manzaneda, Mezquita (A), Montederramo, Monterrei, Muíños, Oímbra, Parada de Sil, Pobra de Trives (A), Porqueira, Rairiz de Veiga, Riós, San Xoan de Río, Sandiás, Sarreaus, Teixeira (A), Trasmirás, Verín, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilariño de Conso e Xinzo de Limia.

Costa da Morte e Rías Baixas do Norte

A Coruña

Baña (A), Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Outes, Pobra do Caramiñal (A), Ponteceso, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

ANEXO IX
Tarifas dos instrumentos de ordenación e xestión forestal

Proxecto de ordenación

Superficie arborizada inventariable total (ha)

Superficie de aproveitamento final no plan especial (ha)

Orzamento elaboración PO

0 – 100

< 25

3.509,22

> 25

4.311,25

100 – 250

< 25

4.791,48

> 25

5.593,52

> 250

< 25

6.073,74

> 25

6.875,78

Documento simple de xestión

Superficie arborizada inventariable total (ha)

Superficie de aproveitamento final no plan especial (ha)

Orzamento elaboración DSX

0 – 50

< 10

1.243,11

> 10

1.530,23

50 – 100

< 10

1.528,06

> 10

1.815,18

> 100

< 10

2.240,43

> 10

2.527,55

ANEXO X
Cartel informativo

ANEXO XI
Lista de concellos desfavorecidos

Provincia da Coruña

Concellos desfavorecidos

Aranga

Mañón

Sobrado

Arzúa

Melide

Somozas, As

Boimorto

Mesía

Toques

Capela, A

Monfero

Tordoia

Cedeira

Ordes

Touro

Cerceda

Oroso

Trazo

Cerdido

Ortigueira

Val Do Dubra

Coirós

Pino, O

Vilasantar

Curtis

P. García Rodríguez, As

Cariño

Frades

San Sadurniño

 

Irixoa

Santiso

 

Provincia de Lugo

Concellos desfavorecidos

Abadín

Guitiriz

Pastoriza, A

Alfoz

Guntín

Pedrafita

Antas De Ulla

Incio, O

Pol

Baleira

Láncara

Pobra de Brollón, A

Baralla

Lugo

Pontenova, A

Becerreá

Meira

Portomarín

Begonte

Mondoñedo

Quiroga

Bóveda

Monforte de Lemos

Rábade

Carballedo

Monterroso

Ribas de Sil

Castro de Rei

Muras

Ribeira de Piquín

Castroverde

Navia de Suarna

Riotorto

Cervantes

Negueira de Muñiz

Samos

Chantada

Nogais, As

Sarria

Corgo, O

Ourol

Saviñao, O

Cospeito

Outeiro de Rei

Sober

Folgoso do Courel

Palas de Rei

Taboada

Fonsagrada, A

Pantón

Triacastela

Friol

Paradela

Valadouro

Xermade

Páramo, O

Villalba

Provincia de Ourense

Concellos desfavorecidos

Allariz

Celanova

Montederramo

Rúa, A

Amoeiro

Cenlle

Monterrei

Rubiá

Arnoia, A

Chandrexa de Queixa

Muiños

San Amaro

Avión

Coles

Nogueira de Ramuín

San Cibrao das Viñas

Baltar

Cortegada

Oímbra

Cea

Bande

Cualedro

Ourense

Sandiás

Baños de Molgas

Entrimo

Paderne de Allariz

Sarreaus

Barbadas

Esgos

Padrenda

Taboadela

Barco, O

Gomesende

Parada de Sil

Teixeira, A

Beade

Gudiña, A

Pereiro de Aguiar, O

Toén

Beariz

Irixo, O

Peroxa, A

Trasmiras

Blancos

Xunqueira de Ambía

Petín

Veiga, A

Boborás

Larouco

Piñor

Verea

Bola, A

Laza

Pontedeva

Verín

Bolo, O

Leiro

Porqueira

Viana do Bolo

Calvos de Randín

Lobeira

Pobra de Trives, A

Vilamarín

Carballeda

Lobios

Punxín

Vilamartín de Valdeorras

Carballeda de Avia

Maceda

Quintela De Leirado

Vilar de Barrio

Carballiño, O

Manzaneda

Rairiz De Veiga

Vilar De Santos

Cartelle

Maside

Ramirás

Vilardevós

Castrelo de Miño

Melón

Ribadavia

Vilariño de Conso

Castrelo do Val

Merca, A

Río

Xinzo de Limia

Castro Caldelas

Mezquita, A

Ríos

Xunqueira De Espadañedo

Pontevedra

Concellos desfavorecidos

Arbo

Crecente

Agolada

Pazos de Borbén

Campo Lameiro

Cuntis

Lalín

Ponte Caldelas

Cañiza, A

Dozón

Lama, A

Rodeiro

Cerdedo

Estrada, A

Mondariz

Silleda

Cotobade

Forcarei

Neves (As)

Vila de Cruces

Covelo

Fornelos de Montes

 

 

ANEXO XII
Concellos comprendidos na franxa tampón de 20 km coa fronteira de Portugal

Provincia

Concellos

Ourense

Arnoia (A), Baltar, Bande, Beade, Blancos (Os), Bola (A), Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo do Val, Celanova, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Gomesende, Gudiña (A), Laza, Lobeira, Lobios, Melón, Mezquita (A), Monterrei, Muíños, Oímbra, Padrenda, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, Trasmirás, Verea

Pontevedra

Arbo, Baiona, Crecente, Gondomar, Guarda (A), Neves (As), Nigrán, Oia, Rosal (O), Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file