Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 30951

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 119/2013, do 18 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2013/14.

O artigo 81.3.b) da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada polo Real decreto lei 14/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, determina que a Comunidade Autónoma fixará os prezos públicos e dereitos dos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional dentro dos límites que estableza a Conferencia General de Política Universitaria, que estarán relacionados cos custos de prestación do servizo nos seguintes termos:

1º. Ensinanzas de grao: os prezos públicos cubrirán entre o 15 % e o 25 % dos custos en primeira matrícula; entre o 30 % e o 40 % dos custos en segunda matrícula; entre o 65 % e o 75 % dos custos en terceira matrícula; e entre o 90 % e o 100 % dos custos a partir da cuarta matrícula.

2º. Ensinanzas de máster que habiliten para o exercicio de actividades profesionais reguladas en España: os prezos públicos cubrirán entre o 15 % e o 25 % dos custos en primeira matrícula; entre o 30 % e o 40 % dos custos en segunda matrícula: entre o 65 % e o 75 % dos custos en terceira matrícula; e entre o 90 % e o 100 % dos custos a partir da cuarta matrícula.

3º. Ensinanzas de máster non comprendidas no número anterior: os prezos públicos cubrirán entre o 40 % e o 50 % dos custos en primeira matrícula; e entre o 65 % e o 75 % dos custos a partir da segunda matrícula.

Para os restantes estudos, serán fixados polo consello social da respectiva universidade, de acordo co disposto no artigo 81.3.c) da citada lei orgánica, e no artigo 4.e) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia.

A Lei 8/1989, do 13 de abril (BOE do 15 de abril), de taxas e prezos públicos, outórgalle aos referidos importes a consideración de prezos públicos. Pola súa parte, a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 43 que se entende por prezos públicos.

Neste contexto normativo, este decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario de Galicia, correspondentes ao curso 2013/14, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos e a distinción entre ensinanzas renovadas, non renovadas e de grao, así como a diferenza entre o prezo da 1ª matrícula fronte ao prezo da 2ª, 3ª e sucesivas matrículas, e ao abeiro do establecido no artigo 47 da Lei de Galicia 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dada a situación macroeconómica actual, unha vez estudadas as posibles repercusións no contorno social e académico, e de modo excepcional, os prezos públicos para o curso 2013/14 non sufrirán incremento ningún sobre os prezos establecidos para o curso 2012/13.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; co informe do Consello Galego de Universidades; logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xullo de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ámbito de aplicación

1. Os prezos que se aboarán no curso académico 2013/14 polos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no Sistema Universitario de Galicia, son os establecidos neste decreto e na contía que se sinala no seu anexo.

2. O importe dos prezos por estudos conducentes a títulos ou diplomas que non teñan carácter oficial será fixado nas universidades galegas polo seu respectivo consello social, de conformidade co establecido no artigo 81.3.c) da Lei orgánica 6/2001, de universidades, e pola Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, no seu artigo 4.e).

Artigo 2. Modalidades de matrícula

1. Ensinanzas non renovadas. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no punto 1.1 da tarifa primeira do anexo deste decreto, e poderán aboarse por curso completo ou por materias. O custo das materias será o prezo resultante de dividir o prezo do curso completo entre o número de materias asignadas ao dito curso.

2. Ensinanzas renovadas. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no punto 1.2 da tarifa primeira do anexo deste decreto. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos que se realice a matrícula.

3. Ensinanzas de grao adaptadas ao Espazo Europeo de Ensino Superior. Os prezos públicos que serán aboadas pola matrícula son os establecidos no punto 1.3 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos cales se realice a matrícula.

4. Ensinanzas de máster que habiliten para o exercicio de actividades profesionais. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no punto 1.4 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos cales se realice a matrícula.

5. Ensinanzas de máster non comprendidas no punto anterior. Os prezos públicos que serán aboados pola matrícula son os establecidos no punto 1.5 da tarifa primeira do anexo. A liquidación dos prezos farase en función do número de créditos nos cales se realice a matrícula.

6. O alumnado estranxeiro maior de dezaoito anos, que non teña a condición de residente, excluídos/as os/as nacionais de Estados membros da Unión Europea e aqueles/as a quen sexa de aplicación o réxime comunitario, tanto en grao como en máster, aboarán o custo de referencia para cada unha das epígrafes da tarifa primeira do anexo deste decreto, sen prexuízo do principio de reciprocidade.

Artigo 3. Matrícula de primeiro curso

O alumnado que comece os seus estudos de grao a tempo completo deberá matricularse do primeiro curso na súa integridade, coa excepción dos casos en que se validen materias do dito primeiro curso, en cuxo caso os prezos son os establecidos no artigo 8º, e outros réximes de matrícula.

Artigo 4. Matrícula en créditos de libre elección

Os prezos públicos correspondentes aos créditos de libre elección serán aboados de acordo coa tarifa establecida para a titulación que se pretende obter, con independencia do departamento ou centro onde se cursen os ditos créditos.

Artigo 5. Programas oficiais de doutoramento

Os prezos que serán aboados pola matrícula en programas de doutoramento son os establecidos no punto 1.6 da tarifa primeira do anexo.

Artigo 6. Pagamento dos prezos públicos

Os/as obrigados/as ao pagamento dos prezos públicos establecidos no anexo deste decreto deberán liquidar os importes correspondentes no momento de facer a súa matrícula.

As universidades galegas, na resolución reitoral na que se establezan os prazos de matriculación do alumnado, fixarán os prazos correspondentes para efectuar a liquidación e o pagamento dos prezos públicos universitarios e o seu fraccionamento, de ser o caso.

O feito de non facer efectivo o pagamento dos prezos públicos universitarios ou de calquera dos seus fraccionamentos nos prazos establecidos na resolución reitoral, comportará a exixencia dos importes correspondentes polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ao pagamento, consonte coa normativa vixente.

Artigo 7. Centros adscritos

O alumnado dos centros adscritos aboaralle á universidade, en concepto de actividade docente, o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo, sen prexuízo do establecido no correspondente convenio que o dito centro teña asinado coa respectiva universidade. Os demais prezos aboaranse na contía íntegra prevista.

Artigo 8. Adaptación a novos plans de estudo, validación de estudos, recoñecemento e transferencia de créditos, e acreditación de competencias nos programas correspondentes a estudos universitarios

1. A adaptación de estudos, regulada polo Acordo do 25 de outubro de 2004, do Consello de Coordinación Universitaria, polo que se establecen os criterios xerais a que se axustarán as universidades en materia de convalidación e adaptación de estudos, é o acto administrativo polo que se recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos. Esta adaptación será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, o/a alumno/a aboará á universidade de destino o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

2. A validación de estudos, regulada polo Acordo do 25 de outubro de 2004, do Consello de Coordinación Universitaria, polo que se establecen os criterios xerais a que se axustarán as universidades en materia de convalidación e adaptación de estudos, é o acto administrativo polo que se recoñece validez académica aos estudos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, debendo o/a alumno/a aboar sempre á universidade que realiza a validación o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

3. O recoñecemento de créditos, regulado polo Real decreto 1393/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, é a aceptación por unha universidade dos créditos que, sendo obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, son computados noutras distintas para efectos da obtención dun título oficial. Este recoñecemento será gratuíto para os créditos conducentes á obtención dunha mesma titulación oficial e cursados consonte un plan de estudos se provén de centros públicos. Esta mesma consideración estenderase aos estudos cursados en titulacións que, por transformación, son substituídos polas novas de grao.

No caso de créditos conducentes á obtención doutra titulación oficial distinta á cursada, o/a alumno/a deberá aboar á universidade que realice o recoñecemento, o 25 % dos prezos establecidos na tarifa primeira do anexo.

4. A transferencia de créditos, regulada polo Real decreto 1393/2007 polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante, se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou outra universidade, que non conduciron á obtención dun título oficial. Esta transferencia será gratuíta se provén de centros públicos. No caso de centros non públicos ou centros estranxeiros, o/a alumno/a aboará á universidade de destino 30 € en concepto de gastos de xestión.

5. Nos programas oficiais de posgrao os prezos a aboar pola acreditación de competencias serán o 25 % dos prezos establecidos no anexo.

Artigo 9. Bolsas

Os/as alumnos/as/as que, ao formalizar a súa matrícula, queiran acollerse á exención de prezos por ser solicitantes dunha bolsa ou axuda ao estudo, deberán presentar xustificación de ter solicitada unha das anteditas bolsas ou axudas. Se posteriormente non obtivesen a condición de bolseiro/a ou lles fose revogada a bolsa concedida, estarán obrigados ao aboamento do prezo correspondente á matrícula que efectuaron.

Artigo 10. Matrículas de honra

As bonificacións correspondentes á aplicación dunha ou varias matrículas de honra levaranse a cabo logo de facer o cálculo do importe total da matrícula, e no caso das ensinanzas renovadas ou de grao, aplicaranse ao número de créditos correspondentes ás materias nas que obtivo a matrícula de honra.

O alumnado con matrícula de honra global no segundo curso de bacharelato, con premio extraordinario no bacharelato ou no ciclo superior de formación profesional, terá dereito, durante o primeiro ano e por unha soa vez, á exención total do pagamento dos prezos públicos por matrícula.

Artigo 11. Exencións

1. Os/as alumno/as membros de familia numerosa beneficiaranse das exencións e reducións previstas na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. A condición de familia numerosa acreditarase no momento da formalización da matrícula mediante documento expedido pola Administración competente, que deberá estar vixente no prazo de matrícula fixado por cada universidade.

2. De conformidade co previsto no punto 6 da disposición adicional vixésima cuarta da Lei orgánica 6/2001, de universidades, os/as alumnos/as con discapacidade, considerándose por tales aqueles/as comprendidos/as no artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, terán dereito á exención total de prezos públicos nos estudos conducentes á obtención dun título universitario, debendo aboar unicamente os prezos previstos na tarifa terceira.

Para estes efectos, a condición de persoa con discapacidade acreditarase coa correspondente resolución administrativa pola que se recoñecera a condición de discapacitado/a que deberá presentarse, necesariamente, no prazo de matrícula fixado por cada universidade, para que teña eficacia.

3. De conformidade co previsto no artigo 7 da Lei 32/1999, do 8 de outubro, de solidariedade coas vítimas do terrorismo, están exentos/as de todo tipo de taxas académicas nos centros oficiais de estudos de todos os niveis de ensinanza, as vítimas de actos terroristas así como os seus cónxuxes e fillos/as. En consecuencia, deberán aboar unicamente os prezos da tarifa terceira.

A condición de vítima de acto terrorista acreditarase coa resolución administrativa pola que se recoñecera a condición de vítima de terrorismo que deberá presentarse, necesariamente, no prazo de matrícula fixado por cada universidade para que teña eficacia.

4. As persoas que sexan vítimas de violencia de xénero, de acordo co establecido na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, terán dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos. En consecuencia, deberán aboar unicamente os prezos da tarifa terceira.

A condición de vítima de violencia de xénero acreditarase no momento da formalización da matrícula, mediante a presentación de calquera dos documentos que prevé a normativa vixente.

Artigo 12. Dereito a exame nos plans a extinguir

No caso das materias de plans de estudos con dereito a exame pero nas que non se imparte xa docencia, pagarase por disciplina a cantidade de 20 €.

Disposición adicional

Os importes que as universidades do Sistema Universitario de Galicia deixen de percibir como consecuencia da concesión de bolsas ou axudas ao estudo, serán financiados con cargo aos orzamentos xerais do Estado na cantidade correspondente ao límite inferior do intervalo establecido para o prezo público en cada ensinanza.

A Comunidade Autónoma de Galicia financiará con cargo aos seus orzamentos a diferenza entre o prezo público fixado neste decreto e o vixente no curso 2012/13.

Para estes efectos, as universidades do Sistema Universitario de Galicia solicitarán á Comunidade Autónoma a compensación pola diferenza existente entre os prezos públicos e os límites mínimos correspondentes a cada ensinanza.

Disposición transitoria

Mentres as universidades non dispoñan de contabilidade analítica, o custo de referencia será o establecido no Decreto 154/2012, do 12 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional no ensino universitario para o curso 2012/13, e como máximo, ata o curso 2015/2016.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e as tarifas fixadas no anexo serán de aplicación no curso académico 2013/14.

Santiago de Compostela, dezaoito de xullo de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Tarifa primeira. Actividade docente

1.1. Ensinanzas non renovadas.

Primeira

matrícula

Segunda

matrícula

Terceira

matrícula

Cuarta e sucesivas matrículas

Epígrafe B)

Curso completo

591,00 €

817,20 €

1.322,40 €

1.683,60 €

Epígrafe B)

Licenciado en Dereito (Universidade da Coruña)

1.2. Ensinanzas renovadas (prezo dun crédito).

Primeira

matrícula

Segunda

matrícula

Terceira matrícula

Cuarta e sucesivas matrículas

Epígrafe A)

13,93 €

19,30 €

31,21 €

39,79 €

Epígrafe B)

9,85 €

13,62 €

22,04 €

28,06 €

Epígrafe A)

Titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura

Epígrafe B)

Titulacións encadradas dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas

1.3. Ensinanzas de grao adaptadas ao E.E.E.S. (prezo dun crédito).

Primeira

matrícula

Segunda

matrícula

Terceira matrícula

Cuarta e sucesivas matrículas

Epígrafe A)

13,93 €

19,30 €

31,21 €

39,79 €

Epígrafe B)

9,85 €

13,62 €

22,04 €

28,06 €

Epígrafe A)

Titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura, e grao en Belas Artes

Epígrafe B)

Titulacións encadradas dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas

1.4. Ensinanzas de másters que habiliten para o exercicio de actividades profesionais. (prezo dun crédito).

Primeira

matrícula

Segunda

matrícula

Terceira matrícula

Cuarta e sucesivas matrículas

Epígrafe A)

29,81 €

29,81 €

38,54 €

45,72 €

Epígrafe B)

20,25 €

20,25 €

26,68 €

31,75 €

Epígrafe A)

Másters que habiliten para o exercicio de actividades profesionais:

– Máster Universitario en Enxeñaría Química

– Máster Universitario de Enxeñaría Informática

– Máster Universitario en Enxeñaría Mariña

– Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental

Epígrafe B)

Másters que habiliten para o exercicio de actividades profesionais:

– Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas

– Máster Universitario en Avogacía

– Máster Universitario en Procuradoría

1.5. Ensinanzas de máster non comprendidas no punto anterior. (prezo dun crédito).

Primeira matrícula

Segunda e sucesivas matrículas

Epígrafe A)

31,36 €

38,54 €

Epígrafe B)

21,61 €

26,68 €

Epígrafe A)

Másters non comprendidos no punto anterior, encadrados dentro da rama de Ciencias, CC. da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura, e os seguintes másters:

– Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual

– Máster Universitario en Arte Contemporánea, Creación e Investigación

– Máster Universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos

– Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sustentable

Epígrafe B)

– Másters non comprendidos no punto anterior, encadrados dentro da rama de Arte e Humanidades e CC. Sociais e Xurídicas

1.6. Outros estudos.

1. Estudos conducentes ao título de doutor/a regulados polo Real decreto 778/1998, do 30 de abril, e polo Decreto 66/2007, do 29 de marzo.

Titoría anual de doutoramento

200,00 €

2. Estudos conducentes ao título de doutor/a regulados polo Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, e polo Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro.

Cursos ou complementos formativos en ECTS

32,00 €/crédito

Cursos non estruturados en ECTS

3,30 €/hora

Titoría anual de doutoramento

200,00 €

3. Estudos de especialidades.

Estudos de especialidades médicas que non precisen formación hospitalaria do parágrafo 3º do anexo do Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, en unidades docentes acreditadas

33,84 €/crédito

Estudos de especialidades en enfermaría en unidades docentes acreditadas, consideradas no Real decreto 992/1987, do 3 de xullo

8,63 €/crédito

Estudos das especialidades de farmacia, análises clínicas, en escolas profesionais recoñecidas segundo o Real decreto 2708/1982, do 15 de outubro

33,84 €/crédito

Tarifa segunda. Avaliación e probas

1. Probas de acceso á universidade

63,67 €

2. Curso de iniciación e orientación para maiores de 25 anos

95,00 €

3. Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior:

a) Proba de aptitude / proba de conxunto

b) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

c) Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

d) Proxecto ou traballo

e) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

f) Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

116,53 €

13,25 €/crédito

9,37 €/crédito

116,53 €

13,25 €/crédito

9,37 €/crédito

4. Proxectos fin de carreira

117,09 €

5. Exame para o grao de licenciado/a

117,09 €

6. Exame para o grao de doutor/a

117,09 €

7. Cursos e exame de reválida/tese de licenciatura nas escolas sociais

117,09 €

8. Obtención por validación do título de diplomado/a en escolas universitarias:

a) Por avaliación académica e profesional conducente á devandita validación

b) Por traballos exixidos para a dita validación

117,09 €

194,99 €

9. Homologación de títulos estranxeiros (máster ou doutor/a) aos títulos universitarios españois de carácter oficial

114,34 €

Tarifa terceira. Títulos e secretaría

1. Expedición de títulos académicos

a) Doutor/a

183,10 €

b) Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a, grao, máster oficial

123,10 €

c) Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a

60,10 €

d) Diploma de estudos avanzados

59,16 €

e) Duplicados de títulos universitarios oficiais e do SET

28,09 €

2. Secretaría

a) Apertura de expediente académico ao comezar os estudos

22,31 €

b) Certificacións académicas e traslados de expediente académico

22,31 €

c) Expedición e mantemento de tarxetas de identidade

4,79 €

d) Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros

27,09 €