Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número RA/U/2012/00070, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos interesados que se citan no anexo cos últimos domicilios coñecidos a resolución que desestima o recurso de alzada número RA/U/2012/00070, formulado contra a resolución da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da cal a súa parte dispositiva di:

«RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada número RA/U/2012/00070 interposto por José Luis Martínez Embil, en nome e representación da entidade mercantil Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa) contra a resolución da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 11 de outubro de 2012, pola que se lle denega a autorización previa á concesión de licenza municipal para a explotación de cuarzo da concesión de explotación Alicia nº 5.917 nas parroquias de Reigosa e A Regueira, no concello de A Pastoriza, (T.E. LU 10-086) e confirmar a resolución recorrida.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10.1.m) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998».

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase á súa disposición, durante un prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela.

O prazo de dous meses mencionado anteriormente contarase desde o día seguinte ao remate do prazo sinalado para o exame do expediente, ou da comparecencia para tal fin, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Mª del Mar Barros Folgueira.

Mosteiro, 27270 Pol, Lugo.

Carlos Pérez Rodríguez.

Mosteiro, 27270 Pol, Lugo.

José Mario Bouza Pérez.

Corvelle, 1, 27287 A Pastoriza, Lugo.

Enrique Basanta Ferreiro.

As Carreiras, 7, A Regueira, 27287 A Pastoriza, Lugo.

Avelino Folgueira Novo.

A Regueira, 12, 27287 A Pastoriza, Lugo.