Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33891

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Vilamartín de Valdeorras.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, na cal se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica, establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico, establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 29 de xullo de 2013, do Plan xeral de ordenación municipal de Vilamartín de Valdeorras. Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 0383/2007.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental