Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cesuras (expediente IN407A 2013/129).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio: rúa José Ángel Valente, 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: mellora LMT Santo Antonio-A Bazaqueira.

Situación: concello de Cesuras.

Características técnicas:

Paso aéreo Santo Antonio-A Bazaqueira.

Inicio liña (UTM): apoio número 20 existente de tipo HV-12/1000 para substituír por novo apoio de tipo HVH-15/2500 da LMT Santo Antonio-A Bazaqueira (expte. 379/2004) (UTM: 559.817; 4777.110).

Final de liña (UTM): apoio número 29 existente de tipo C-16/3000 da LMT Santo Antonio-A Bazaqueira (expte. 379/2004) (UTM: 560.600; 4777.870).

Lonxitude: 1.091 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: pas-50 proxectado.

Tensión de servizo: 15 kV.

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña