Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 109/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT urbanización As Torres.

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT urbanización As Torres, tramo I, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe e final en empalmes proxectados na LMT SAD-708, no tramo entre o CS Mercadona Oleiros e o CT urbanización As Torres, condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1x240 Al).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT urbanización As Torres, tramo II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,060 km, coa orixe e final en empalmes proxectados na LMT SAD-708, no tramo entre o CT urbanización As Torres e o CT As Torres, condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1×240 Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña