Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2001/644-1 e catro máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2001/644-1.

Acta inf. nº: 1067/01 (I-II-III).

Empresa: Tauro 2002, S.L. (I).

NIF: B15748031.

Enderezo: avenida da Milagrosa, 31, 15100 Carballo.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 16.b) e f) e 14 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 3 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, en relación co anexo II, puntos 1.2 e 7 e artigos 3, 4 e 7 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigos 5.2 e 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo co artigo 39 do dito texto legal.

Segundo o disposto no artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria das empresas Constructora Eshor, S.L. (II) e Martinsa Fadesa, S.A. (III).

Data resolución: 4.7.2013.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Tauro 2002, S.L. solidariamente coas empresas Constructora Eshor, S.L. (II) e Martinsa Fadesa, S.A. (III) unha sanción por douscentos euros (200 €).

Expediente nº: RL 2010/191-1.

Acta inf. nº: I152010000039314.

Empresa: Construcciones Silne, S.L.

NIF: B15948706.

Enderezo: rúa Fray Lois Rodríguez, 9-3º C, 15200 Noia.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 14.1 e 2, 15 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 11.1.b) e 2, 15, anexo IV, parte A.2.b) e parte C.12.b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro; e artigos 2, 3.b), 5.1, 6, anexo I.9, anexo III.9 e anexo IV.9 do Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 3 e 40.2 do dito texto legal.

Data resolución: 30.5.2013.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Construcciones Silne, S.L. unha sanción por importe de oitocentos euros (800 €).

Expediente nº: RL 2010/470-1.

Acta inf. nº: I1520100000136415.

Empresa: Talleres La Rasa, S.L.

NIF: B150326931.

Enderezo: Miñortos, 13, 15970 Porto do Son.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 e 4 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 14, 15, 17.1 e 2 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 3.1, 3.4, 3.5, 5, anexo I.6 e anexo II.4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, na redacción dada polo Real decreto 2177/2004, do 12 de novembro, e Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigos 12.16.b) e f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.3 e 40.2 do dito texto legal.

Data resolución: 13.5.2013.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Talleres La Rasa, S.L. unha sanción por importe de tres mil cincocentos euros (3.500 €).

Expediente nº: RL 2013/87-1.

Acta inf. nº: I152013000013177.

Empresa: Pedracuberta, S.L.

NIF: B15836703.

Enderezo: praza Ketty Quintana, 3-1º C, 15270 Cee.

Materia: seguridade e hixiene (falta de medidas de seguridade).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1 e 15.1.a) e 2 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigos 10.d) e 11.1.c) e anexo IV, parte C, puntos 3.a) e 3.b) do Real decreto 1227/1997, do 24 de outubro, en relación co Real decreto 773/1997, do 30 de maio.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39.1), 39.3.a), c) e d) e 40.2.b) do dito texto legal.

Data resolución: 29.4.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Pedracuberta, S.L. unha sanción por importe de seis mil euros (6.000 €).

Expediente nº: RL 2013/130-1.

Acta inf. nº: I152013000023483 (I-II).

Empresa: Estructuras del Baix, S.L.

NIF: B64279854.

Enderezo: rúa Rosa de Luxemburgo, 5, 08840 Viladecans (Barcelona).

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 14.2, 15.1 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; e anexo IV, parte C, números 1 e 3.b) 1627/1997, do 24 de outubro.

Tipificación: artigo 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigo 39.6 do dito texto legal.

Segundo o disposto no artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria da empresa Dolmar Clean Rooms, S.L. (II).

Data resolución: 7.5.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Estructuras del Baix, S.L. (I) solidariamente coa empresa Dolmar Clean Rooms, S.L. (II) unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

A Coruña, 26 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña