Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas para o fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados, reguladas na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 2 de abril), relativa aos expedientes TR347D 2008/000016-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de xullo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/000016-1.

Nome ou razón social: O Meigallo, S.C.

DNI/NIF: G70157359.

Último enderezo coñecido: avenida Constitución, 57, 15930 Boiro (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2008/000039-1.

Nome ou razón social: Vázquez Gómez, Óscar.

DNI/NIF: 53302205G.

Último enderezo coñecido: rúa San Andrés, 143 baixo, 15003 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2008/000066-1.

Nome ou razón social: Muñiz de San Eufrasio, Mª Gabriela.

DNI/NIF: 52477918Z.

Último enderezo coñecido: rúa Amparo López Jean, 27, 5º B, 15174 Rutis, Culleredo (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2008/000076-1.

Nome ou razón social: Comprasana, S.L.

DNI/NIF: B15903313.

Último enderezo coñecido: rúa Neveda, 7, baixo esq., 15179 Porto de Santa Cruz, Oleiros (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena do anexo D, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347D 2008/000188-1.

Nome ou razón social: Penedamalladoira, S.L.

DNI/NIF: B70138078.

Último enderezo coñecido: avenida de Acea de Ama, 14, 1º C, 15670 Culleredo (A Coruña).