Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36013

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

Data de sinatura

Convenio coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo

Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

17.5.2013

Acordo de colaboración co Consello da Cultura Galega

Divulgación das exposicións Luces de alén mar e Nós mesmos en España e América, elaboración e publicación de informe sobre o estudo A emigración galega en Europa

35.000,00 €

26.6.2013

Fundación Española Salud en Venezuela

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

30.000,00 €

4.7.2013

Sociedad Beneficente Rosalía de Castro de Sao Paulo en Brasil

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Sao Paulo (Brasil)

12.000,00 €

4.7.2013

Centro Gallego de México

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en México

10.000,00 €

12.7.2013

Asociación de Centros e Casas Galegas de Cataluña

Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais

66.465,00 €

8.8.2013

Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña: Agarimos de Badalona, Rosalía de Castro de Cornellá e Casa Galega de L′Hospitalet

Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais

36.500,00 €

8.8.2013

Centro Galego de Barcelona: Casas de Galicia de Barcelona e provincia

Financiamento de gastos de funcionamento e conservación das instalacións, adquisión de equipamento e actuacións formativas e culturais

66.933,00 €

8.8.2013

Centro Gallego de Santa Fe de Arxentina

Realización de obras de reforma na súa sede social

14.000,00 €

22.8.2013