Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36015

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CORRECCIÓN de erros. Orde do 8 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os e as titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para os anos 2013 e 2014.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro de 2013, cómpre publicar as seguintes correccións:

Na páxina 34729, anexo VIII (niveis de prioridade nas zonas rurais coa relación de concellos de caza menor) na táboa coa relación de concellos e entidades locais menores correspondentes a Zona prioritaria nivel 1 da zona rural Lugo Central (provincia de Lugo), onde di: «Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Incio (O), Láncara, Lugo, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pastoriza,(A), Potomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade», debe dicir: «Abadín, Antas de Ulla, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Corgo (O), Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Incio (O), Láncara, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, Páramo (O), Pastoriza (A), Portomarín, Rábade, Samos, Sarria, Triacastela, Vilalba e Xermade».