Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36112

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 10 de setembro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013.

O día 15 de xullo de 2013 a Consellería do Medio Rural e do Mar publicou a Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013.

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten como obxectivo que o maior número posible de entidades se poidan beneficiar do impulso económico que supón esta convocatoria de subvencións, polo que se considera necesario ampliar o prazo de presentación de solicitudes.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes da Orde do 2 de xullo de 2013 pola que se establecen as bases que regulan as axudas para constituír e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (Sofor) e se convocan para o ano 2013, ata o 31 de outubro de 2013.

Artigo 2

Modifícase o parágrafo terceiro do punto 2 do artigo 32 do seguinte xeito:

«– Segundo procedemento de selección. Incluirá as solicitudes correctamente presentadas e cos informes favorables dos órganos correspondentes en 31 de outubro de 2013 que non fosen aprobadas no procedemento anterior».

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar