Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36914

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013.

Mediante Resolución do 30 de abril de 2013 deste centro directivo (Diario Oficial de Galicia nº 91, do 14 de maio) convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade coa base sexta da resolución de convocatoria, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar, con carácter provisional e por especialidade, os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as así como os/as exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega no concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013.

Segundo. As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, e os declarados exentos e non exentos da realización do exercicio de lingua galega, poderán examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas e as declaradas non exentas da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para poder emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión e/ou a declaración de non exento/a da realización de tal exercicio, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, que deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

Cuarto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderase implícita na resolución pola que se aprobe, con carácter definitivo, a relación de admitidos/as e excluídos/as e de exentos/as e non exentos/as do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos