Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38189

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se amplía o prazo de solicitude para participar no Plan Proxecta conforme o establecido na Resolución do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2013/14.

Mediante esta resolución amplíase ata o 7 de outubro de 2013, inclusive, o prazo de solicitude establecido no artigo 8.4 da Resolución do 24 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso escolar 2013/14.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa