Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41619

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do Plan especial de reforma interior do Vieiro no ámbito da área de execución integral número 1 (AE-1).

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Aprobar definitivamente a modificación puntual nº 2 do Plan especial de reforma interior do Vieiro, no ámbito da área de execución nº 1, redactada polo arquitecto José Manuel Arias Illanes e promovida por Inmobiliaria Paxonal, S.L, sen modificacións respecto da inicialmente aprobada e sometida a información pública.

O acordo notificaráselles persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

Igualmente, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado».

O acto de aprobación definitiva da citada modificación foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 3 de outubro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa urbanística, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 196 o día 15 de outubro de 2013.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible