Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45685

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Andión Cuesta, María Jesús

33312840P

16

Arufe Miguens, Juan R.

32779328G

16, 20

Fernández Alvariño, María Teresa

32679682V

16, 20

Gómez López, María Dolores

76623633F

56

Gutiérrez del Olmo, Marta

71263381C

16, 20

Lobato Tarelo, Noelia

76829805F

16, 20

López Adrio, Maruxa

44075604Z

16

López Ferreiro, Marcos

53300876D

16, 20

Pérez Álvarez, Eva

76579718E

16, 20

Rios Liñares, Raquel

44833664V

22

Rodríguez Besada, María Victoria

35562509R

16, 20

Rodríguez Gesto, Inés

33270492A

16, 20

Rouco Lorenzo, María Luz

76995977G

16, 20

Suárez Iglesias, José Luis

32782146Q

56

Subiela Freire, Óscar

47350165L

16, 20

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido