Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45681

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as industriais e biólogos/as.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as industriais e biólogos/as.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as industriais e biólogos/as.

As listaxes definitivas de aspirantes admitidos poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estarán á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

As listaxes de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran como anexos a esta resolución coa seguinte distribución:

Arquitectos/as

Anexo I

Enxeñeiros/as industriais

Anexo II

Biólogos/as

Anexo III

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Escala de arquitectos/as. Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Acitores López, José

32810431B

16, 20

Agulla Luna, Beatríz

36160560Y

16, 20

Agullo Robles, Cristina

44840644M

14

Codesal y Bermúdez de Castro, Jorge

32765451L

16, 20

De la Iglesia Soriano, Ana

32761071D

16, 20

Del Río Ferrín, Olaya

35485091R

22

Expósito Medina, Ivett

44711805N

16, 20

Mateu Ferrus, Mari Vivas

20809955S

16, 20

Oliveira Amorim, Edilena de

35635311P

16, 20

Reza Conde, María Elena

44447622F

56

Trilla Martínez, María Esther

11955914P

16, 20

Código

Descrición

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido

ANEXO II
Escala de enxeñeiros/as industriais. Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Estebo Méndez, Ezequiel

32844349G

58

Figueira Iglesia, María del Carmen

52938745J

16

García Martínez, Patricia

36106384H

56

López Pérez, Óscar

32803765S

22

Raposo Barreira, Juan José

35324556Y

56

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado

ANEXO III
Escala de biólogos/as. Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Aboy Carral, Marta María

32777560F

16, 20

Fernández Blanco, María del Rosario

44474508Y

22

Fernández Domínguez, María del Rosario

53175652C

16, 20

García Mariño, Natalia

44824037G

16, 20

González Munín, Ana Belén

44447895G

56

Martín Gómez, Laura

53166527A

18

Pereira Fernández, Sandra María

32691963Q

56

Santamaría Romero, Verónica

76416971T

16, 20

Soto de Matos-Pita, Susana

36074420R

56

Villar Bellas, Rocío

32689755Q

16, 20

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido