Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

As listaxes definitivas de aspirantes admitidos poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estarán á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

As listaxes de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran como anexos a esta resolución coa seguinte distribución:

Enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Anexo I

Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Anexo II

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueloutros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Besteiro Calvo, Luis

33538776S

16, 20

Bonome Pardo, Lara

32697585A

22

Hernández Lorente, Emili

73584645D

12

Código

Descrición

12

Non presenta solicitude en forma

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

ANEXO II
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos. Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Aranda Vázquez, María Tamara

53160323D

16, 20

Duarte Soria, Alejandra

33570504A

16, 20

Gómez Díaz, María Teresa

33336396N

16, 20

López Ferreiro, Marcos

53300876D

16, 20

López Orjales, Lourdes

32633342E

14

Parra Faba, Jorge

71504079T

16, 20

Suárez Souto, Suevia

46912201K

16

Promoción interna

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Cortijo Delgado, Ángeles

47090461P

16

Código

Descrición

14

Documento xustificativo exención taxas non válido

16

Documento xustificativo exencion taxas non presentado

20

Taxas non aboadas