Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45678

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta, ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Lema Blanco, Isabel

46912805G

16, 20

Méndez Brea, Francisco

35319516A

56

Oliveira Amorim, Edilena de

35635311P

16, 20

Romero Vázquez, Luis Miguel

32440799N

16, 20

Vilas Cruz, Julia

32762108B

22

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Rodríguez Salas, Yolanda

36137575K

15

Código

Descrición

15

Documento xustificativo exención taxas non cotexado

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido