Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45669

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 122, do 28 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escalas de enxeñeiros/as técnicos/as industriais e axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos.

As listaxes definitivas de aspirantes admitidos poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estarán á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

As listaxes de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figuran como anexos a esta resolución coa seguinte distribución:

Enxeñeiros/as técnicos/as industriais

Anexo I

Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Anexo II

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.
Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Baamonde Rama, Alejandro

76580739P

16, 20

Cajaraville Dapena, Jesús

33298616K

17, 61

Eiras Estévez, Iria

44460246G

16, 20

Expósito Miniño, Rubén

36170083F

58

García Álvaro, Carmen

24395122B

16, 20

López Pérez, Luis Miguel

32802452J

16, 20

Vila Correa, David

53191406L

16, 20

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

20

Taxas non aboadas

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado

61

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non cotexado

ANEXO II
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos. Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Gómez Díaz, María Teresa

33336396N

16, 20

González Rodríguez, Melissa

32693256K

16, 20

Hernández Hernández, Manuel Enrique

X9718192W

16, 20

Igareta Gómez, Ana Belén

71512774R

22

Pumar Diéguez, María Belén

34994521K

58

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado