Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45666

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013 da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 24 de xullo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito en que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de aspirantes excluídos/as

Acceso libre.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Cuba Campello, Carlos

76577748F

58

Gandoy Rodríguez, José Ramón

33330115X

18, 20, 56

García Payo, María Isabel

44467290X

56

García Vázquez, Miguel Antonio

33847852V

58

Gil Araújo, Verónica

44476318E

58

Goris Cardoso, Luis Miguel

35457677A

17, 58

Hortas Pazos, Óscar

77007562C

56

Lorenzo González, José Fernando

34994843K

18, 22, 58

Martínez Santorio, María del Carmen

76995152F

16, 20

Noya Domínguez, Daniel

32802812M

58

Vilariño López, José

32446412J

18

Cota específica base I.1.2.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

-ver pdf-

-ver pdf-

16

Promoción interna.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Rodríguez Varela, Josefina

76364972G

16

Código

Descrición

16

Documento xustificativo exención taxas non presentado

17

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non presentado

18

Doc. xustif. demandante emprego 6 meses antes convocatoria non válido

20

Taxas non aboadas

22

Taxas aboadas fóra de prazo

56

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non válido

58

Doc. xustif. de non percibir prest. ou subs. por desemprego non presentado