En virtude da Resolución do 9 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 197, do 15 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.
Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 24 de xullo, esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.
A listaxe de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aqueles/as aspirantes definitivamente excluídos/as que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital ou DNI electrónico ou ben fixeron constar na súa solicitude o número de conta para estes efectos. Para a devolución do importe ingresado por aqueles/as outros/as aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídos/as será necesaria a presentación dun escrito no que o/a interesado/a faga constar o número de conta, a entidade bancaria e a localidade desta ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de aspirantes excluídos/as
Acceso libre.
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Fernández Chillerón, Alicia |
29182236C |
16, 20 |
Código |
Descrición |
16 |
Documento xustificativo exención taxas non presentado |
20 |
Taxas non aboadas |