Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 46949

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 177/2013, do 4 de decembro, polo que se encarga o despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe á República de Cuba, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Por tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 230/2012, do 2 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único. Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República de Cuba, encárgase o despacho de asuntos da Presidencia, ata o seu regreso, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, catro de decembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente