Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación das bases específicas e da convocatoria de dúas prazas de oficial de policía incluídas na oferta de emprego público 2013.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 18 de novembro de 2013, aprobáronse as bases específicas e a convocatoria das seguintes prazas incluídas na OEP 2013:

2 prazas de oficial, escala Administración especial, subescala servizos especiais e clase policía local.

Procedemento selectivo: concurso-oposición, promoción interna.

Data de publicación das bases no BOP da Coruña: 2 de decembro de 2013.

Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña, cando proceda en cada caso, e no taboleiro de anuncios do concello.

Carballo, 2 de decembro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde