Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO das bases da convocatoria do procedemento selectivo para a cobertura de dúas prazas de policía local.

No BOP nº 227, do 26 de novembro de 2013, páxinas 20 a 39, publícanse as bases da convocatoria para a realización do procedemento selectivo para a cobertura das seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Dúas prazas de policía local (códigos: 03.00.06 e 03.00.07).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do concello.

Gondomar, 28 de novembro de 2013

Fernando Guitián Guitián
Alcalde