Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4489

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría da dita xerencia (convocada mediante Resolución do 20 de setembro de 2013, DOG número 193, do 9 de outubro).

Convocada por Resolución do 20 de setembro de 2013 (DOG nº 193, do 9 de outubro), a provisión do posto de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde e da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada pola Resolución do 20 de setembro de 2013 (DOG nº 193, do 9 de outubro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo I desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da coordinación, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición o destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO I

Posto: coordinador/a de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría.

Nome e apelidos: María del Carmen Rey Insua.

DNI: 33271980-L.