O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación de convenios subscritos polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2013, que se incorporan como anexo a esta resolución.
Vilaxoán, 24 de xaneiro de 2014
Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Tecnolóxico
para o Control do Medio Mariño de Galicia no cuarto cuadrimestre do ano 2013
Convenio |
Importe |
Data sinatura |
Convenio específico de colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e a Comunidade Autónoma de Galicia (Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia) para o control de fitoplancton tóxico nas rías galegas. |
128 000,00 € |
12.11.2013 |