Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14315

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos en varias especialidades, abertas entre outras polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Unha vez publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Sistemas Electrónicos (590124) e Sistemas Electrotécnicos e Automáticos (590125) do corpo de profesores de ensino secundario, Mecanizado e Mantemento de Máquinas (591211) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, e na especialidade de Alemán (592001) do corpo de escolas oficiais de idiomas, abertas entre outras polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Segundo. Contra estas puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos