Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 1 de abril de 2014 Páx. 14314

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 19 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en diversas especialidades abertas polo Anuncio do 30 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos das especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaria (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluidos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es), as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal (590103), Hostalaría e Turismo (590106), Procesos de Produción Agraria (590115), Procesos na Industria Alimentaria (590116), Procesos Diagnósticos Clínicos e Produtos Ortoprotésicos (590117), Procesos Sanitarios (590118), Instalacións e Mantemento de Equipamentos Térmicos e Fluídos (591205), Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) e Procedementos Sanitarios e Asistenciais (591220).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos