Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14797

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2014.

Mediante a Orde do 5 de marzo de 2014 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2014, acórdase convocar de xeito ordinario probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2014.

Segundo a autorización establecida no artigo 3 da devandita Orde do 5 de marzo de 2014, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal avaliador que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2014, que figura no anexo desta resolución.

Este tribunal terá dereito a percibir as indemnizacións que corresponden á categoría terceira, segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Presidente: José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Secretaria: Ana María Gómez Rodríguez, profesora técnica de formación profesional.

Vogais:

Xesús Cociña Souto, profesor de ensino secundario.

Susana Quintela Díaz, profesora de ensino secundario.

Juan Granados Loureda, inspector de Educación.

Pedro Martín Aláez, profesor de ensino secundario.

Enrique Álvarez Escudero, catedrático de ensino secundario.

David Rodríguez Miguens, profesor de ensino secundario.

Isabel Otero García, profesora de ensino secundario.

Asunción González Cabaleiro, profesora de ensino secundario.

Pilar Peñas Boleas, profesora de ensino secundario.

Manuel Ángel García Gómez, profesor de ensino secundario.

Juan José Raíces Silva, profesor de ensino secundario.

Antonio Lago Dacosta, profesor de ensino secundario.

Juan Carlos Codesido García, profesor de ensino secundario.

Elena Nogueira Rivadulla, profesora de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Vogais:

José Manuel Carbia Pichel, profesor técnico de formación profesional.

Serafín Vázquez Álvarez, profesor de ensino secundario.

Lucía Abuín Abel, profesora de ensino secundario.

María Rosario García Deibe, profesora de ensino secundario.

Manuel Lago Sánchez, profesor de ensino secundario.

María Elena Guntiñas Rodríguez, catedrática de ensino secundario.

María Esperanza Vázquez Iglesias, profesora de ensino secundario.

José Antonio Rodríguez Fernández, catedrático de ensino secundario.

Manuel Bilbao Salcedo, profesor de ensino secundario.

Dolores Carballo Davila, profesora de ensino secundario.

Manuel Lama Grande, catedrático de ensino secundario.

Luís Manuel Villaverde López, catedrático de ensino secundario.

Belisario Sánchez Miniño, profesor de ensino secundario.

Hermógenes Cobas Gamallo, catedrático de ensino secundario.