Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2014 Páx. 14782

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 20 de marzo de 2014 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, modifica os artigos 133, 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser candidatos a director e o procedemento de selección. No artigo 135.1 establécese que para a selección das direccións nos centros públicos, as administracións educativas convocarán concurso de méritos e establecerán os criterios obxectivos e o procedemento de selección, así como os criterios de valoración dos méritos do candidato e do proxecto presentado.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2013/14 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

A convocatoria axústase ao previsto na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, e aos preceptos que se manteñen vixentes do Decreto 29/2007, do 8 de marzo, polo que se regula a selección, nomeamento e cesamentos dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I a esta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Segundo. Requisitos para ser candidata ou candidato á Dirección

1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser funcionaria ou funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) Ter unha antigüidade de polo menos cinco anos como funcionaria ou funcionario na función pública docente.

c) Ter impartido docencia directa como funcionaria ou funcionario, durante un período de polo menos cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, enténdese que as funcionarias e funcionarios responsables da orientación educativa e profesional imparten docencia directa.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

No suposto de estar nunha situación administrativa distinta da de activo, o último centro no que se prestou servizos debe ser dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e deberán reunirse os requisitos para reingresar con efectividade do 1 de xullo de 2014.

2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro público específico de educación infantil, incompleto de educación primaria, nos de educación secundaria con menos de oito unidades, en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais ou superiores deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b) e c) do punto 1 desta epígrafe.

Terceiro. Solicitudes e documentación

1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.es/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a súa avaliación. No proxecto de dirección deberá facerse referencia, entre os seus obxectivos xerais e as liñas prioritarias de actuación, ás previstas nos artigos 9 e 10 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

O proxecto de dirección non excederá de 30 folios DIN A4, nun tipo de letra: Times New Roman, espazo entre liñas: 1,5.

d) Calquera outra documentación que a candidata ou candidato considere idónea en interese da súa solicitude.

2. Efectuarase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3. Así mesmo, os participantes no concurso de méritos remitirán ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición dos membros do Claustro de Profesores e do Consello Escolar na Secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a Dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesores exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na Secretaría.

4. A solicitude, xunto coa documentación a que se alude no punto anterior, poderase presentar en calquera das dependencias a que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.

Cuarto. Prazo de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de vinte naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Comisión de selección

1. En cada centro educativo constituirase unha comisión de selección, nomeada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que terá como sede a localidade e o local que decida a súa presidencia, e que terá a seguinte composición:

a) Unha inspectora ou inspector de Educación, designados polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

b) Tres inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Dúas profesoras ou profesores do centro elixidos polo Claustro de Profesores, en reunión extraordinaria para estes efectos.

d) Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os membros do Consello Escolar.

2. Actuará como secretaria ou secretario da comisión o representante do Claustro de Profesores con menor antigüidade como funcionaria ou funcionario de carreira e, en caso de empate, o máis novo.

3. A representación do Consello Escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

4. En ningún caso, as candidatas ou candidatos á Dirección poderán formar parte da comisión de selección.

5. Designaranse suplentes dos membros da comisión de selección en cada un dos ámbitos de representación que actuarán en substitución dos titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destes.

6. Aos membros da comisión de selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7. A Dirección do centro efectuará a proposta de nomeamento dos representantes do Claustro e do Consello Escolar na Comisión de Selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dos cinco días seguintes ao remate do prazo de solicitudes establecido na epígrafe cuarta desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións del.

8. A non elección dos representantes do Claustro de Profesores ou do Consello Escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da comisión de selección.

9. A composición da comisión de selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Sexto. Composición da comisión de selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á Dirección non lle permita ao Claustro elixir dous membros de entre o profesorado, a composición da comisión de selección será a seguinte:

– Unha inspectora ou inspector de Educación, designado polo xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá como presidenta ou presidente.

– Dous inspectores ou directores de centros educativos públicos, designados pola xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Un profesor ou profesora do centro elixida polo Claustro de Profesorado.

– Un membro do Consello Escolar, elixido por e entre os seus compoñentes.

Sétimo. Funcións da comisión de selección e procedemento de funcionamento

1. Recibidas as solicitudes dirixidas a xefatura territorial, a comisión de selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.

2. Contra o rexeitamento da solicitude, os aspirantes poderán presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

3. A comisión de selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II a esta orde.

4. A comisión de selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a comisión de selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todos e cada un dos candidatos e candidatas.

5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todos os membros presentes da comisión. Cando entre as puntuacións outorgadas polos membros da comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

6. Contra as puntuacións outorgadas pola comisión de selección poderá presentarse reclamación ante a propia comisión no prazo de dez días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro educativo.

Oitavo. Selección das candidaturas

1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a comisión de selección establecerá a puntuación final obtida polos aspirantes e seleccionará a candidata ou candidato que proporán como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Para poder ser seleccionado e ser nomeado para a Dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

3. No caso de se produciren empates na puntuación total dos aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

4. Se unha candidata ou candidato resulta seleccionado para dous centros, resultará nomeado no centro en que tivese destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeado no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido a outra ou outro aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Noveno. Recursos

Contra a decisión da comisión de selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da Dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo. Nomeamento

1. A xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria procederá a nomear directora ou director a persoa proposta pola comisión avaliadora.

2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2014 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

3. Cando o nomeamento recaia nunha funcionaria ou funcionario que non teña destino definitivo no centro, a Dirección desempeñarase en réxime de comisión de servizos.

Décimo primeiro. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de candidatos, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningún candidato, ou nos centros de nova creación, a Dirección será nomeada pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, oídos o Claustro de Profesores e o Consello Escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos na epígrafe segunda desta orde.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Centros con praza vacante de Dirección para o curso 2014/15

Código

Centro

Concello

Provincia

15027125

IES de Viós

Abegondo

Coruña, A

15000612

CEIP de Arzúa

Arzúa

Coruña, A

15001070

CPI de Cruz do Sar

Bergondo

Coruña, A

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

Coruña, A

15001616

CEIP de Escarabote

Boiro

Coruña, A

15001471

CEIP Praia Xardín

Boiro

Coruña, A

15026698

IES Espiñeira

Boiro

Coruña, A

15032212

CRA Os Remuíños

Cabana de Bergantiños

Coruña, A

15027861

IES Pedra da Aguia

Camariñas

Coruña, A

15025554

CEIP Emilio González López

Cambre

Coruña, A

15026704

IES David Buján

Cambre

Coruña, A

15021354

CEIP Bergantiños

Carballo

Coruña, A

15021755

IES Cabo Ortegal

Cariño

Coruña, A

15003789

CEIP Praia de Quenxe

Corcubión

Coruña, A

15020969

CEIP Mosteiro de Caaveiro

Capela, A

Coruña, A

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

Coruña, A

Coruña, A

15025621

EPAPU Eduardo Pondal

Coruña, A

Coruña, A

15005518

CEIP María Pita

Coruña, A

Coruña, A

15027770

IES A Sardiñeira

Coruña, A

Coruña, A

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

Coruña, A

Coruña, A

15005211

IES Salvador de Madariaga

Coruña, A

Coruña, A

15020982

CEIP O Ramo

Fene

Coruña, A

15023405

CPI A Xunqueira

Fene

Coruña, A

15006845

CEIP Isaac Peral

Ferrol

Coruña, A

15024938

CEIP de Esteiro

Ferrol

Coruña, A

15021470

IES Canido

Ferrol

Coruña, A

15025645

IES Ricardo Carballo Calero

Ferrol

Coruña, A

15006791

IES Saturnino Montojo

Ferrol

Coruña, A

15006730

IES Sofía Casanova

Ferrol

Coruña, A

15007655

CEIP de Caión

Laracha, A

Coruña, A

15027654

IES Agra de Leborís

Laracha, A

Coruña, A

15008301

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

Coruña, A

15026765

CEIP Milladoiro

Malpica de Bergantiños

Coruña, A

15020854

CPI de Xanceda

Mesía

Coruña, A

15009241

CPI Virxe da Cela

Monfero

Coruña, A

15027940

IES As Insuas

Muros

Coruña, A

15026388

IES Plurilingüe Fontexería

Muros

Coruña, A

15023508

CEIP Virxe do Mar

Narón

Coruña, A

15026111

CRA de Narón

Narón

Coruña, A

15025268

IES As Telleiras

Narón

Coruña, A

15022577

CEIP de Maciñeira

Neda

Coruña, A

15010307

CEIP San Isidro

Neda

Coruña, A

15027216

IES Fernando Esquío

Neda

Coruña, A

15010575

CEIP O Coto

Negreira

Coruña, A

15010812

IES Virxe do Mar

Noia

Coruña, A

15023089

CEIP Luís Seoane

Oleiros

Coruña, A

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

Coruña, A

15027964

IES de Oroso

Oroso

Coruña, A

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

Pobra do Caramiñal, A

Coruña, A

15020556

IES Breamo

Pontedeume

Coruña, A

15025694

IES Moncho Valcarce

Pontes de García Rguez., As

Coruña, A

15025062

CEIP de Portosín

Porto do Son

Coruña, A

150141180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

Coruña, A

15014271

CEIP Plurilingüe de Artes

Ribeira

Coruña, A

15014261

CEIP de Aguiño

Ribeira

Coruña, A

15021731

CEIP Plurilingüe de Frións

Ribeira

Coruña, A

15027711

IES Leliadoura

Ribeira

Coruña, A

15032686

CEIP Plurilingüe O Mosteirón

Sada

Coruña, A

15026029

IES Isaac Díaz Pardo

Sada

Coruña, A

15032662

IES O Mosteirón

Sada

Coruña, A

15026777

CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña

Santa Comba

Coruña, A

15022590

CEIP de Roxos

Santiago de Compostela

Coruña, A

15025724

CEIP Os Tilos

Teo

Coruña, A

15026509

CRA de Valdoviño

Valdoviño

Coruña, A

15018148

CPI de Atios

Valdoviño

Coruña, A

15020921

CEIP de Présaras

Vilasantar

Coruña, A

15019086

CEIP Labarta Pose

Zas

Coruña, A

27007958

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

Lugo

27002584

CEIP Virxe do Carme

Burela

Lugo

27015301

CEIP de Cervo nº 1

Cervo

Lugo

27014057

CEE Santa María

Lugo

Lugo

27006735

CEIP de Meira

Meira

Lugo

27016303

IES Pedregal de Irimia

Meira

Lugo

27016492

CEIP do Páramo

Páramo, O

Lugo

27010520

CEIP Virxe da Luz

Portomarín

Lugo

27020690

EOI de Ribadeo

Ribadeo

Lugo

27012012

CEIP Frei Luís de Granada

Sarria

Lugo

27013314

IES Santiago Basanta Silva

Vilalba

Lugo

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

Lugo

27015724

CEIP Monseivane

Vilalba

Lugo

27016674

CEP Luís Tobío

Viveiro

Lugo

32015891

CEIP San Salvador

Arnoia

Ourense

32001725

IES Lauro Olmo

Barco de Valdeorras, O

Ourense

32004118

CPI Antonio Faílde

Coles

Ourense

32016261

CEIP de Quins

Melón

Ourense

32016443

CMUS Profesional de Ourense

Ourense

Ourense

32009116

IES 12 de Outubro

Ourense

Ourense

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

Ourense

Ourense

32012711

CEIP Saco e Arce

Toén

Ourense

32013661

CEIP Bibei

Viana do Bolo

Ourense

32015141

CEIP San Mariño

Vilariño de Conso

Ourense

32014801

IES Cidade de Antioquía

Xinzo de Limia

Ourense

36000302

CEP de Sabarís

Baiona

Pontevedra

36000247

CPI de Cova Terreña

Baiona

Pontevedra

36018963

CEIP de Belesar

Baiona

Pontevedra

36000481

IES Ramón Cabanillas

Cambados

Pontevedra

36000648

CEIP Enrique Barreiro Piñeiro

Cambados

Pontevedra

36019475

IES de Rodeira

Cangas

Pontevedra

36015950

CEIP da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36017703

CEIP Souto-Donas

Gondomar

Pontevedra

36013011

CEIP da Torre-Illa

Illa De Arousa, A

Pontevedra

36020283

IES da Illa de Arousa

Illa De Arousa, A

Pontevedra

36004538

EEI Nosa Señora do Carme

Marín

Pontevedra

36004496

CEP de Sequelo-Marín

Marín

Pontevedra

36004472

CEIP do Carballal

Marín

Pontevedra

36004460

CEIP de Ardán

Marín

Pontevedra

36020301

IES de Meaño

Meaño

Pontevedra

36018446

CEIP da Armenteira

Meis

Pontevedra

36024604

CRA de Meis

Meis

Pontevedra

36016796

EEI de Verducedo

Moaña

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36013564

CEIP Pena de Francia

Mos

Pontevedra

36019441

CEIP de Petelos

Mos

Pontevedra

36017648

CEIP Mestre Valverde Mayo

Mos

Pontevedra

36014428

IES Val Miñor

Nigrán

Pontevedra

36017685

CPI da Ribeira

Porriño, O

Pontevedra

36024173

CRA María Zambrano

Rosal,O

Pontevedra

36007242

CEIP de Viñas

Poio

Pontevedra

36020143

IES de Poio

Poio

Pontevedra

36020313

IES de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Pontevedra

36013837

EEI Fina Casalderrey

Pontevedra

Pontevedra

36015172

CEIP A Xunqueira Nº 2

Pontevedra

Pontevedra

36006377

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

Pontevedra

36018677

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

36019608

CEIP de Marcón

Pontevedra

Pontevedra

36014994

EEI Concepción Crespo Rivas

Pontevedra

Pontevedra

36019517

CEIP Santo André de Xeve

Pontevedra

Pontevedra

36020325

IES Illa de San Simón

Redondela

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36024616

CRA de Ribadumia

Ribadumia

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36008155

CPI de Rodeiro

Rodeiro

Pontevedra

36016966

CEP Carlos Casares

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36008878

CEIP Plurilingüe Cruceiro

Sanxenxo

Pontevedra

36008866

CEIP A Florida

Sanxenxo

Pontevedra

36020349

IES de Sanxenxo

Sanxenxo

Pontevedra

36015238

CEIP de Sobrada

Tomiño

Pontevedra

36009411

CEIP Pintor Antonio Fernández

Tomiño

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36009901

IES San Paio

Tui

Pontevedra

36016668

CEP de Caldelas

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36014544

IES Indalecio Pérez Tizón

Tui

Pontevedra

36009846

CEIP Plurilingüe Nº 1

Tui

Pontevedra

36020362

IES de Valga

Valga

Pontevedra

36018161

CEP Xesús Ferro Couselo

Valga

Pontevedra

36017697

CEIP Escultor Acuña

Vigo

Pontevedra

36011579

IES A Guía

Vigo

Pontevedra

36018461

IES República Oriental do Uruguai

Vigo

Pontevedra

36011580

IES San Tomé de Freixeiro

Vigo

Pontevedra

36015627

CEIP García Barbón

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36011634

IES Politécnico de Vigo

Vigo

Pontevedra

36010460

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Vigo

Pontevedra

36016061

CEIP A Doblada

Vigo

Pontevedra

36010691

CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares

Vigo

Pontevedra

36015044

EEI Monte do Alba

Vigo

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36010472

CEIP Plurilingüe Ría de Vigo

Vigo

Pontevedra

36018173

IES de Teis

Vigo

Pontevedra

36012377

CEIP de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36019669

IES Armando Cotarelo Valledor

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015071

EEI Vagalume

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36012419

CEIP Arealonga

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013059

CEIP de Viñagrande-Deiro

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 4 puntos).

1.1. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como funcionaria ou funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Fotocopia cotexada do título administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da Dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo seis puntos).

2.1. Por cada ano como directora ou director nun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

1

0,60

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como directora ou director nun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como subdirector ou xefe de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

a) No centro a que se opta

b) Noutros centros

0,50

0,30

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como xefe de departamento, coordinador dos equipos de normalización lingüística, coordinador de ciclo e análogos, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Fotocopia cotexada do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto.

3.1. Por cada título de doutor:

0,50

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.2. Por cada título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,25

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

3.3. Por cada título de diplomado universitario ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Fotocopia cotexada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na OM do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado destes en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado destes en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Fotocopia cotexada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín en que apareza o seu nomeamento.

6. Servizo activo.

Por estar en situación de servizo activo.

2,00

7. Destino.

Por ter destino definitivo no centro a que se concursa

2,00

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

ANEXO III
Solicitude de participación no concurso de méritos para a selección,
o nomeamento e o cesamento dos directores e directoras dos centros docentes
públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006,
do 3 de maio, de educación, na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Datos persoais.

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Enderezo (rúa, praza..., número, piso)

Localidade (con indicativo postal)

Provincia

Telf. fixo

Telf. móbil

2. Datos do destino.

Destino definitivo

Corpo/especialidade

Destino provisional

Corpo/especialidade

3. Centro docente que solicita.

Orde

Código

Centro

Concello

1

2

..., ... de ... de 20...

Sinatura

Xefatura Territorial de ………………….