Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de desestimación da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedrada, número PO/C/02764, no termo municipal de Oia, provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a Granitos Tebra, S.L., con CIF B-36180818, con último enderezo coñecido en Vilameán 36747, Tomiño, Pontevedra, a resolución de desestimación da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Pedrada, nº PO/C/02764, como titular deste, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen perxuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Pontevedra, 31 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra