Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/40).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, de 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS na rúa Severo Ochoa.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,195 km, con orixe en empalme que se vai realizar na LMTS existente GRN-738 entre a subestación da Grela e o centro de transformación 15CGTL CS.Bens II, expediente 234/06, en condutor RHZ1-1OL 12/20 kV-1×240 Al, e final en cela de liña do centro de seccionamento do cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 7 de abril de 2014

Por vacante (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013, DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial