Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19514

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Estatística

ORDE do 9 de abril de 2014 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos no Instituto Galego de Estatística, anunciada pola Orde do 27 de febreiro de 2014.

Mediante a Orde do 27 de febreiro de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 54, do 19 de marzo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes no Instituto Galego de Estatística, órgano dependente da Consellería de Facenda, que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 27 de febreiro de 2014 e designar as persoas funcionarias, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen ás persoas; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde causen baixa as funcionarias, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Mª Isabel del Río Viqueira.

Número de rexistro persoal: 32805391 35 A2083.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Subdirectora xeral de Sínteses, Análises e Difusión.

Código: FC.A01.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Instituto Galego de Estatística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: Eva Alberte Aparicio.

Número de rexistro persoal: 34979681 24 A2083.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Xefa do Servizo de Análises e Estudos.

Código: FC.A01.00.002.15770.020.

Nivel: 28.

Dependencia: Instituto Galego de Estatística.

Localidade: Santiago de Compostela.